A invencion das provincias

Páginas: 5 (1013 palabras) Publicado: 4 de mayo de 2011
O texto A invención das provincias publicado no 2011 pola editorial Galaxia pertence ao doutor en xeografía Jesús Burgueño.
Este texto comeza presentándonos a provincia no marco da Constitución, o primeiro que se nos aclara é a data de concepción da Constitución, 1978, e a do mapa autonómico,1983, o que dou lugar as cincuenta provincias, provocando estas a imposibilidade das autonomías ensentido federal.
Desta idea, da imposibilidade de conseguir un país de tipo federal, faise eco Jordi Sole Turá, o cal expón como a provincia condicionou e sigue condicionando o sistema político vixente. E sobre isto, o lector debe comprender como as actuais dezasete comunidade autonómas son o resultado da historia e da negociación política, sendo impensábel que haxa unha diferenza entre elas abismal,presentando algunhas máis de tres centos mil habitantes e outras sobre oito millóns, é preciso unha redistribución, unha reflexión de carácter tamén económico.
Pero esta realidade como dixemos, e producto da historia, no momento da redacción da Constitución a provincia era o único elemento firme, tendo un sólido pasado, mentres que as autonomías eran o futuro. A firmeza destas, o podemos ver nofeito de que so se produciu o cambio de provincia por un municipio, o de Gátova no 1955, o cal reflicte inmutabilidade das mesmas.
España está articulado por municipios, provincias e comunidades autonómas, comprendendo por provincia a división territorial para o cumprimeto das actividades do Estado, pero a definición de mesma como entidade local con personalidade xurídica propia determinada polaagrupación de municipios non é válida en Asturias, Navarra, País Vasco...tendo ata doce excepcións, parece máis ben que foi unha lei feita para non cumprir.
É incríbel como só Cataluña comentou a posibilidade de converterse nunha comunidade uniprovincial, levando as deputacións á administración autonómica. Búscabase que unha provincia tivese dous ou tres entres que exerceran as funcións decooperación local. Pero esta idea, foi quebrada polo Tribunal Constituciónal, o cal afirmou que nas trinta e seis provincias de réxime común só debe existir unha deputación, dando lugar a que a única maneira de romper esa fórmula sexa a creación dunha nova provincia.
Outro tema ao que chegamos é a opacidade das propias deputacións, a pregunta de quen a forman e de que xeito se xestionan non estáclara, a Constitución ratifica que o goberno e a administración da provincia estarán encomendados a deputación ou a outras corporacións de carácter administrativo.
Pero é principal explicar quen forma a deputación, son os resultados obtidos polo partidos políticos nas eleccións municipais, os que reparten os escanos entre os partidos, e é nese momento no que o partido designa o seu concelleiro;estamos falando polo tanto dunha elección indirecta, un sistema que presenta unha clara inspiración franquista.
Polo xeral, son entre vinte cinco e cincuenta e un deputados os que a forman, o número de municipios sempre é menos o números de concelleiros, e estes non representarán os seu municipio, se non o seu partido polítco.
O Estado resérvase a potestade de lexislar ata o último aspecto doréxime das deputacións cando a lexislación vixente só é aplícabel a oito das actuais dezasete comunidades autónomas, é unha cuestión curiosa e irónica.
Pero se falamos da circunscripción electoral, sendo esta aquela unidade territorial na cal os votos emitidos polos electores constitúen o fundamento para o reparto dos escanos aos candidatos ou partidos, en España se estabalece por provincias, sendo enrexións coma Alemaña ou Reino Unido, baixo outro criterio, o do agrupamento da poboación de características similares .Que isto sexa así en principio foi inevitábel dado a inexistencia do mapa autonómico pero despois da construcción do mesmo, puidose corrixir a gran desigualdade entre as comunidades autónomas en relación ó seu número de escanos e a súa poboación. Por exemplo, é no Senado...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Das Das Das
  • Dasas
  • Dasa
  • dasa
  • Das Das
  • dasas
  • dasa
  • Das Das

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS