A Literatura Galega No Exilio ( En Gallego)
Por : Samuel Perrino Martínez
1. Arxentina, núcleo principal dos emigrados
Arxentina foi o núcleo principal ao que partiron os emigrados. Cálculase que a comunidade galega chegou a contar con 300.000 persoas nos momentos iniciais da posguerra española, converténdose Bos Aires no referente do exilio galego. Anteriormente a Guerra Civil os galegos, xa tiñanunha gran presenza neste país. Así, en 1879 ábrese o Centro Gallego presidido por Manuel Barros no que se organizan actividades de tipo cultural tales como Xogos Florais ou bandas de música. Estas organizacións de caracter cultural terán tamén un destacado papel no que asuntos políticos se refire. Asi pois cómpre destacar a campaña pola redención dos foros en 1908 ou o apoio a República e oEstatuto de 1936.
Ao mesmo tempo tamén se desenrolou unha actividade editorial, tanto en publicación de revistas como de libros, moi importante, con publicacións en galego a partires do 1880 coa Revista Galaica, máis tamén cómpre destacar outras publicacións de gran importancia coma Heraldo Gallego, Suevia, Terra e, sobre todo Céltiga (1924) que contaría coa importante colaboración de EduardoBlanco Amor e Suárez Picallo na dirección da mesma. O número de editoriais en galego tamén foi destacado citando por exemplo a Ediciones Miño, Ediciones Nós, Alén Mar ou Ediciones Galicia como algunhas das máis destacadas.
Este incipiente panorama literario víuse reforzado coa chegada dos exiliados por mor da Guerra Civil. Polo tanto a literatura no exilio na cidade bonaerense terá unharelevancia especial, tanto na cantidade coma na variedade estando o elenco de autores formado polas primeiras figuras da nosa literatura, existindo, sobre todo nos primeiros anos da Ditadura unha maior actividade cultural e artística que na propia Galicia.
2. A poesía
2.2.1 A mitificación das lendas e do pasado.
Na capital arxentina coinciden dous dos mellores poetas contemporáeos: Lorenzo Varelae Luis Seoane que serán os referentes indiscutibles no que a obra poética se refire.
Lorenzo Varela destaca pola recurrencia a un pasado glorioso en Galicia, incidindo en elementos míticos do mundo celta ou en persoaxes recentes ( como pode ser María Pita) combinando unha estética guerreira que combina o bélico co popular. Todo este imaxinario conecta ademáis co exilio, utilizando moitas vecesunha lenguaxe mesiánica, relacionandoa cunha dignidade colectiva, situada no exilio. Ademais a liberdade, simbolizado no mar, enmárcase coma un valor supremo e grandioso que insinúa o sentimento do desterrado, pero tamén de orgullo por estar no bando correcto.
Dentro desta idealización do pasado e da liberdade xoga tamén un papel destacado a Idade Media cun ton épico rememorando episodios coma odos Irmandiños en figuras coma a de Rui Xordo. Ademaís na sua obra hai elementos que denotan a súa ideoloxía progresista e galeguista que se ve reflexada na fouce como símbolo da xustiza ou o carballo como símbolos identitarios de Galicia.
Entre a súas obras máis destacadas están Catro poemas pra catro, e composicións como “María Pita” ou “O Touro”.
Outro autor que tamén destacará narecuperación dun pasado mítico será Lorenzo Varela, que publica Lonxe en 1954. Neste libro, insiste na devoción celtista por un pasado glorioso, a través de símbolos como o Dolmen aparecendo tamén referencias a resistencia fronte o réxime franquista a través da figura do guerrilleiro. Lorenzo Varela crea unha interconexión entre o home e a natureza que se ve reflexada na relación do guerrilleirocoa montaña na súa poesía. Ao mesmo tempo na poesía de Varela o guerrilleiro vese coma a un guieiro sometido a un proceso de beatificación, no que a súa bondade e honradez o levan o martirio ( a morte).
2.2.2 O tema da emigración na poesía
O tema da emigración tamén estará moi presente nos escritores exiliados imperando un ton de melancolía e mesmo de tristeza non só por estar lonxe da...
Regístrate para leer el documento completo.