a lus do candil
A literatura arte da palabra: a literatura sérvese da palabra como
principal medio de expresión. Xa que logo, podemos definir a literatura
como a arte da palabra.A linguaxe discursiva e a linguaxe literaria: na linguaxe discursiva
predomina unha actitude informativa e na linguaxe literaria predomina unha
función estética.
Características da linguaxeliteraria: caracterízase e distínguese da
linguaxe discursiva polos seguintes trazos básicos: a selección dos
significantes en función das impresións e dos sentimentos que se queren
espertar no receptor eo emprego sistemático de recursos estilísticos.
Formas da linguaxe literaria. Prosa: os elementos que compoñen unha
mensaxe en prosa distribúense de forma irregular, non están sometidos a
un ritmoespecial. Verso: os elementos que compoñen unha mensaxe en
verso distribúense total ou parcialmente de forma regular, de xeito que se
repiten creando un ritmo que percibimos ao escoitar a mensaxe.Principais recursos estilísticos: algúns recursos estilísticos non supoñen
unha alteración lingüística, son recursos de carácter lóxico. Outros recursos,
en cambio, teñen carácter lingüístico eresponden aos tres niveis de estudo
da lingua: nivel fónico, nivel gramatical e nivel semántico.
Recursos de carácter lóxico: hipérbole, prosopopea, antítese, paradoxo.
Ironía, gradación, comparación.Recursos de carácter fónico: paronomasia, aliteración, onomatopea.
Recursos de carácter gramatical: epíteto, anáfora, reduplicación, asíndeto,
polisíndeto, hipérbato.
Recursos de caráctersemántico: metonimia, sinécdoque, metáfora,
sinestesia, alegoría, símbolo.
Versificación: chamamos verso a cada unha das liñas nas que está
distribuído un texto poético. Poden ser regulares e irregulares.Métrica. Medida dos versos: para medir as sílabas dos versos hai que ter
en conta dous aspectos, o último acento do verso: se remata en sílaba
aguda(+1), grave(=) e esdrúxula(-1) e as licenzas...
Regístrate para leer el documento completo.