A Maruxaina
Páginas: 2 (481 palabras)
Publicado: 11 de febrero de 2013
Conta a lenda que esta serea vive nas illas dos Farallóns, no Cantábrico. Esta ninfa mariña áchase fiando no cume da illa da Sombriza, vixiando mar e mariñeiros no seu devir diario,uns pensan que os avisa do temporal, outros aseguran que canta pra seducilos e facelos embarrancar.
Os defensores da súa bondade, cren que esta é unha serea con cara de vella, sabia e intelixentecoma ningunha outra e disposta sempre a salvar os mariñeiros das poutas do mar embravecido.
Para os seus detractores, entre eles as nais das mulleres do pobo, a Maruxaina é unha rapaza nova, deloiros e longos cabelos, dotada dunha beleza singular e dunha voz prodixiosa, máxica e engaiolante, que emprega pra atraer os mariñeiros o seu lar submariño e poder alí gozar da súa compaña. Esta mortíferaartimaña e froito da envexa que a serea ten da felicidade das mulleres dos mariñeiros, quenes os teñen o seu carón todo o duro inverno, disfrutando da súa atención.
A meirande parte dossancibrenses comparten a crenza de que a Maruxaina é unha serea metade peixe e metade muller, que vive nunha cova chamada de Xan Vello, na illa da Sombriza, adicándose a fiar e que cando hai mal tempo ascendeata o cume da illa e se pon a berrar ou a toca-lo corno pra avisar os mariñeiros da proximidade da galerna. A orixe desta crenza dos berros pódese achacar a existencia dalgún oco ou cavidade nasrochas, hoxe desaparecida polo efecto da erosión eólica ou mariña, na que o vento producira un son peculiar ao traspasala; éste son poidera coincidir coas vísperas dalgunha traxedia ou naufraxio, feitos querelacionarían os lugareños, levándoos a pensar que aquel son fora un aviso pra non saír ao mar.
A Maruxaina foi capturada por tódalas xentes do mar da comarca, que lograron neutralizar os cantos daserea e facendo soar os seus cornos ao mesmo tempo. Apresárona, xulgárona e queimárona nunha cacharela.
A Maruxaina, fiando provista de roca e fuso, pode ter orixe no mito das Parcas gregas, tres...
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.