A Musica En Grecia
A música na Antiga Grecia
Materia: Grego
Profesora: Irene
Nome do alumno: Gabriel Arias Rodríguez
Índice
1. Orixe divino da música
2. Características da música en Grecia
3. A música na educación
4. Epitafio de Seikilos (Sícilo)
5. Conclusión
6. Bibliografía e enlaces
Páxina 1 Páxinas 2, 3 e 4
Páxina 4
Páxina 5 e 6
Páxina 6
Páxina 7
1
1. Orixe divino da música
Remontándonos á época grega, para os gregos a música era unha
arte de orixe divina.
A palabra
música provén da denominación das musas, fillas de Zeus que
segundo a mitoloxía grega inspiraban todas as actividades creativas e
intelectuais.
A música na Antiga Grecia era unha arte que se encontraba presente na
sociedade casi universal: celebracións, espectáculos, teatro… polo tanto,
respresentaba un papel integral na vida dos habitantes da antigua Grecia.
Hai moitas referencias que indican que a música era unha parte da
percepción grega de cómo a súa raza fora creada e de cómo os seus
destinos foron controlados e observados polos deuses. Por iso a música
tamén estaba omnipresente nos Xogos Píticos, nos Olímpicos, en rituais
relixiosos e actividades de carácter lúdico.
Na actualidade, constan significativos fragmentos sobre a notación que
utilizaban os gregos e tamén moitas referencias literarias á música grega.
A través destas fontes, podemos facernos unha idea de cómo sonaba a
música da época, do seu rol na sociedade ou da importancia dos
músicos.
2. Características da música en Grecia
A música en Grecia tiña unhas características que podemos dividir en:
O concepto música engloba a poesía e a danza:
o termo
música
non só designaba a arte dos sons senón que tamén
acollía á poesía e á danza. Esta unión era a mellor forma de garantir unha difusión xeralizada a través da transmisión oral.
Textura monódica e acompañamento heterofónico:
2
as obras gregas eran de textura monódica (cunha soa liña
melódica). Os instrumentos acompañantes das voces limitábanse a
seguir a melodía vocal engadindo algúns adornos a diferencia da
actualidade que se forman bases harmónicas. O nome que se lle dá ao
acompañamento musical dos gregos é
heterofonía
.
Sistema musical baseado en escalas modales:
a orixe deste sistema provén das catro cordas da lira, cuxos catro
sonidos dan lugar ao “tetracordo”, célula básica sobre a que se fan as
escalas. Son escalas naturales, en sentido descendente. A distinta
distribución dos tons e semitóns nas escalas provoca un sentimento
diferente: Modo
Dórico:
(Escala de Mi’ a Mi). Empregada para a expresión
do sublime. Semitóns do 3º ao 4º grao e do 7º ao 8º grao.
Modo
Frigio
: (Escala de Re’ a Re). Ten un carácter apacible,
propio para os afectos. Semitóns do 2º ao 3º grao e do 6º ao 7º grao.
Modo
Lidio
: (Escala de Do’ a Do). Propio para expresar queixa, pranto e dor.Semitóns do 1º ao 2º grao e do 5º ao 6º grao.
Modo
Mixolidio
: Escala de Si’ a Si). Axeitado para a expresión
paixonal. Semitóns do 4º ao 5º grao e do 7º ao 8º grao.
Os intrumentos musicais máis importantes; a lira e o aulós:
Os instrumentos máis utilizados en Grecia foron a lira (de corda
pulsada) e o aulós (de vento con lengüeta dobre)
A lira estaba asociada co culto a Apolo, o máis poderoso dos deuses,
guerreiro, atleta, protector dos novos, deus das profecías e da verdade. o
aulós estaba asociado a Dionisos, deus do viño e da diversión.
Tamén se utilizaron pequenos instrumentos de percusión como os
crótalos (pequenos platillos) e de vento metal como o “salpinx” (trompeta
de metal) que servía como instrumento de sinais.
...
Regístrate para leer el documento completo.