A Orixe Da Vida E Do Ser Humano

Páginas: 14 (3406 palabras) Publicado: 16 de abril de 2015


Índice.
1. A orixe da vida.
1.1. Teoría da síntese prebiótica.
1.1.1. Experimento de Miller e Urey.
1.2. Teoría da panspermia.
2. A evolución.
2.1. Teoría de Lamarck.
2.2. Teoría de Darwin.
2.3. Neodarwinismo.
2.4. Teoría da simbioxénese.
3. Orixe e evolución do home.
3.1. Os nosos antepasados.
3.2. Os procesos de hominización e humanización.
4. Conclusións.
5. Bibliografía e webgrafía.1. A orixe da vida.
1.1. Teoría da síntese prebiótica.
A teoría da síntese prebiótica foi proposta a mediados do século XX por Aleksandr Oparin e J.B.S Haldane, e pretende responder á pregunta “como xurdiu a vida?”. Esta teoría postula que a vida se formou a partir da materia inorgánica, e parte da hipótese de que, hai 4500 millóns de anos, a atmosfera da Terra era redutora. É dicir, erarica en hidróxeno, metano, amoníaco e vapor de auga, pero carecía de osíxeno. Cando a temperatura da Terra primitiva descendeu, o vapor de auga condensouse formando as nubes, que deron lugar á chuvia, que á súa vez contribuíu á formación dos primitivos océanos. A enerxía que chegaba do Sol e as descargas eléctricas que se producían na atmosfera provocaron que os compostos inorgánicos presentes nelainteractuasen entre eles, orixinando compostos orgánicos. Estes precipitaron sobre a superficie terrestre e posteriormente foron arrastrados pola chuvia ata os océanos, formando a “sopa primitiva”. A maior ou menor afinidade entre estas moléculas orgánicas simples fixo que se fosen asociando para dar lugar a moléculas máis complexas (coma as proteínas). Co tempo, producironse asociaciónsmoleculares dando lugar a estruturas en forma de esferas microscópicas ocas chamadas “coacervados”, que encerraban no seu interior ácidos nucleicos. Co tempo, fóronse autoseleccionando e sobreviviron as que tiñan capacidade autorreplicativa, que máis tarde constituirían as primeiras células. Por suposto, todo este proceso durou millóns de anos.
1.1.1. Experimento de Miller e Urey.
Stanley L. Miller e HaroldUrey realizaron en 1953 un experimento co que probaron a teoría da síntese prebiótica. Para ese propósito, deseñaron un aparato no que simularon as condicións da atmosfera da Terra primitiva. Na primeira esfera introduciron auga, metano, amoníaco e hidróxeno. Quentaron a auga, e o vapor arrastrou os gases ata a segunda esfera, onde foron sometidos a descargas eléctricas. Ao arrefriar, os gasesprecipitaron. Ao analizar o contido do matraz, os dous científicos observaron que se formaran moléculas orgánicas simples, como urea e diferentes aminoácidos.
1.2. Teoría da panspermia.
A teoría da panspermia prantexa a orixe cósmica da vida. Hai 4500 millóns de anos, a Terra primitiva era bombardeada por restos planetarios do Sistema Solar, meteoritos, cometas e asteroides; esta chuvia cósmicadurou millóns de anos. Existen dúas versións desta teoría:
Panspermia dirixida: defende que a vida se propaga por todo o universo mediante bacterias extremófilas moi resistentes que se transportan nos cometas e asteroides, e orixinalmente terían habitado outros corpos celestes. Algúns científicos especulan coa posibilidade de que este sexa un proceso controlado e deliberado, no que mentes intelixentesdeciden onde “sementar” a vida.
Panspermia molecular: defende que polo espazo viaxan moléculas orgánicas complexas que, ao reaccionar baixo determinadas condicións, constitúen a base material para a xénese da vida. No caso da Terra, ao aterrar nela teríanse combinado coa sopa primitiva, iniciando as reaccións químicas que deron lugar á vida.
O defensor máis coñecido da panspermia é o suecoSvante Arrhenius, gañador do premio Nobel de Química en 1903.

2. A evolución.

A evolución é o proceso continuo de transformación das especies ao longo do tempo. Orixinou a enorme diversidade de especies que hai no planeta; todas elas proveñen doutras xa existentes, e así mesmo, as especies actuais darán lugar a outras distintas no futuro.

2.1. Teoría de Lamarck.
Jean-Baptiste Lamarck (1744-1829)...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Orixe Da Vida
  • A Orixe Da Vida
  • A Orixe Da Vida
  • Elementos Que Da An Al Ser Humano
  • Ciclo de Vida del Ser Humano
  • Ciclo De Vida En El Ser Humano
  • La Vida Del Ser Humano En Cristo
  • La Quimica En La Vida Del Ser Humano

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS