A Orixe Da Vida

Páginas: 7 (1644 palabras) Publicado: 7 de febrero de 2013
A ORIXE DA VIDA
Hai varias hipóteses sobre a orixe da vida :
XERACIÓN ESPONTÁNEA : Antigamente críase que os seres vivos xurdían por xeración espontánea, a partir da materia orgánica en descomposición. O primeiro científico en cuestionarse a xeración espontánea foi Fancesco Redi. No seu experimento colocou un anaco de carne nun recipiente aberto e outro cubriuno cunha reixa, ao pasar un tempo,decatouse de que o anaco de carne que había no recipiente aber- to descompuxérase, e afirmou que as larvas que naceran na materia orgánica foron polos ovos postos polas moscas. Pero esta teoría non rexeitou totalmente a xeración espontánea. No S. XVII Louis Pasteur foi quen rexeitou  totalmente a xeración espontánea e demostrou co seu experimento (puxo caldo en dous matraces de colo longo eestreito, que curvou co calor dunha chama, ferveu o líquido dos matraces para esterilizalos, varios días despois comprobou que o caldo non se estragara, cortou o colo dun deles e ao cabo duns días viu que se descompuxera) que son os microorganismos do aire os que descompoñen a materia orgánica, querendo dicir que todo ser vivo procede doutro ser vivo.
HIPÓTESE DA PANSPERMIA : a vida orixinouse noespazo e viaxou en forma de esporas.
HIPÓTESE DA SÍNTESE PREBIÓTICA :a vida provén de moleculas orgánicas xurdidas no planeta a par- tir de materia inorgánica. Síntese prebiótica : Oparin e Haldane  propuxeron que puideron formarse unha serie de moléculas orgánicas simples a partir de gases presentes na atmosfera primitiva. Baseáronse en : - que o planeta estaba rodeado dunha atmosfera sen osóxeno(atmosfera redutora), constituída por metano, hidróxeno, amoníaco e vapor de auga – cando a temperatura da terra descendeu o vapor de auga condensouse formando as nubes que deron lugar á chuvia que orixinou os océanos – a enerxía que chegaba do sol e as descargas eléctricas provocaron que os compostos inorgánicos interactuaran orixinando compostos orgánicos, estes precipitaron sobre a superficieterrestre e forn arrastrados pola chuvia ata os océanos formando a sopa primitiva. Oparin propuxo que nesta sopa primitiva, estas moléculas asociáronse en esferas ocas chamadas coacervados que encerrarían no seu interior ácidos nucléicos. Estas esferas serían as precursoras das primeiras células. Stantley  Miller comprobou a hipótese de Oparin e Haldane, creando unhas esferas  como a terraprimitiva, nelas introduciu auga e quentouna e viu que ao arrefriarse precipitaba e se creaban moléculas orgánicas sinxelas.
A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA. A ORIXE DA BIODIVERSIDADE
A evolución biolóxica é o proceso continuo de transformación das especies ao longo do tempo. Hai varias teorías sobre a evolución :
FIXISMO : pensaban que os seres vivos non cambiaban. As especies permanecían invariables aolongo do tempo. O naturalista Carl Von Linneo defendeu o fixismo.
CREACIONISMO : pensaban que as especies fóran creadas por Deus e que se mantiñan inmutables (baseánbanse na biblia).
CATASTROFISMO : Georges Cuvier dicía que antigamente había seres vivos, que se fóron extinguindo por catástrofes naturais. Tras a desaparición destas especies eran creadas outras distintas.
EVOLUCIONISMO :os seresvivos cambiaron ao longo do tempo. Existen distintas teorías evolucionistas:
- O LAMARKISMO OU TRANSFORMISMO : primeira teoría sobre a evolución proposta polo naturalista Jean Baptiste Lamarck. A súa teoría baseábase en 3 puntos : - Os organismos mostran unha tendencia cara á complexidade - O uso repetitivo dun órgano produce o seu desenvolvemento, a función  crea o órgano(unha xirafa ía forzando o colo ata telo grande e logo os seus fillos tiñan o colo alto, algo que non é certo) - Os caracteres adquiridos son herdables (incorrecto, só se herdan aqueles caracteres cuxa información está nos xenes).
- TEORÍA DE CHARLES DARWIN E  ALFRED RUSSEL WALLACE : Ambos os dous científicos chega- ron ás mesmas conclusións para explicar a orixe da gran diversidade de seres vivos. No seu libro “A...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A Orixe Da Vida
  • A Orixe Da Vida
  • Orixe e estructura da Terra
  • A orixe da lúa
  • Trab alumnos TEMA ORIXE DA VIDA E EVOLUCI N
  • O mecanoscrito da segunda orixe
  • A Orixe Da Vida E Do Ser Humano
  • Origen da la vida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS