A praia dos afogados.

Páginas: 2 (306 palabras) Publicado: 28 de abril de 2011
A praia dos afogados é unha novela negra escrita por Domingo Villar e publicada en 2009. Está protagonizada polo inspector de policía Leo Caldas e é o segundo libro da serie,despois do seu debut con Ollos de auga.
Argumento:
O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, duncadáver, aparentemente afogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lleata as mans apunta a un asasinato.
Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anos atrás. O barcotripulábano o falecido, Xusto Castel, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o capitán. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora, unha noite de temporal, e de xeito un poucoestraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os dous mariñeiros sobrevivintes viven aínda en Panxón, pero non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobreo sucedido.
Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi un suicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; omorto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; e mesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, LeoCaldas tira dun fío que o leva á desaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento.
Paralelamente, Leo Caldas segue co seu programa de radio Patrulla nas ondas;tamén ten un papel importante, mesmo na resolución da trama, o seu pai, que está a coidar do seu irmán Alberte, gravemente enfermo no Hospital do Meixoeiro en Cabral, Vig
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS