A Praia Dos Afogados

Páginas: 2 (267 palabras) Publicado: 30 de octubre de 2012
O inspector de policía vigués Leo Caldas recibe unha chamada onde o avisan da aparición na praia de Madorra, en Panxón, dun cadáver, aparentementeafogado. Crese que é un suicidio, e o inspector non lle dá moita importancia, ata que na autopsia se comproba que o xeito en que ten colocada a brida que lle ataas mans apunta a un asasinato.
Pouco a pouco vaise descubrindo que a súa morte está relacionada co naufraxio do pesqueiro Xurelo, acontecido 12 anosatrás. O barco tripulábano o falecido, Xusto Castelo, O Rubio, xunto con outros dous mariñeiros e mais o patrón. O barco foi a pique preto da illa de Sálvora,unha noite de temporal, e de xeito un pouco estraño. No naufraxio falecera o capitán, mentres que os dous mariñeiros sobreviventes viven aínda en Panxón,pero non manteñen relación entre si e gardan un fondo silencio sobre o sucedido.
Ao longo do libro vanse atopando outras pistas que confirman que non foi unsuicidio: a chalupa do falecido aparece ao outro lado de Monteferro, lonxe do cadáver; o morto ten un golpe na caluga posiblemente feito á mantenta; emesmo gravacións dunha cámara de seguridade. Malia á reticencia dos mariñeiros locais para falar do acontecido, Leo Caldas tira dun fío que o leva ádesaparición dunha muller en Aguiño a mesma noite do afundimento.
Paralelamente, Leo Caldas segue co seu programa de radio Patrulla nas ondas; tamén ten un papelimportante, mesmo na resolución da trama, o seu pai, que está a coidar do seu irmán Alberte, gravemente enfermo no Hospital do Meixoeiro en Cabral, Vigo.
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • A Praia Dos Afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados
  • A praia dos afogados

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS