A PUNTA DE PISTOLA De Fran Alonso

Páginas: 10 (2290 palabras) Publicado: 5 de mayo de 2015
A PUNTA DE PISTOLA de Fran Alonso

1.- Rica e o Varas ían ao Centro de Acollida de Vigo a visitar aos seus dous fillos: Pixie e Dixie. Pero ese día, do mes de maio, levaban unha idea: escapar con eles. O Varas levaba no peto una pistola dourada. Con ela apuntou a Sonia, a monitora, cando secuestrou aos cativos.
2.- Era 1932 e Celia , tiña 18 anos cando ía examinarse para quitar o carné deconducir camións. Era filla de Joaquín un mecánico. Ela e maila súa irmá maior sempre foron alentadas polo seu pai para que fosen independentes. Este propúxolle a súa irmán que quitase o carné para dedicarse ao transporte de peixe; pero ela non quixo e fíxoo Celia. Converteuse na primeira muller camioneira.
3.- Saíron do portal onde se atopaba o Centro de Acollida, subíronse a un Nissan Patrol esaíron dese barrio a fume de carozo. Non tiñan pensado onde ir, non tiñan plan de fuxida. Discutían. Non sabían se ir a casa da nai de Rica, o seu piso na rúa Espedrigada no barrio da Florida ou de viaxe á casa da irmá de Rica.
4.-A camioneira, estaba no seu refuxio favorito a Laxe das Pombas, ao pé da praia de Area de Secada na Illa de Arousa. Alí púxose a pensar en Celia Rivas e no que faría elano seu lugar. Precisaba reflexionar sobre a súa vida porque cando ía conducindo no camión só lle interesaba todo o relacionado co seu negocio de transporte. Trala morte do seu pai, un autónomo cun camión, ela que era unha titulada universitaria crea unha empresa de transporte radicada na Guarda.
5.- O Varas métese nun Centro Comercial para pasar desapercibidos mentres pensaban onde ían pasar anoite. Sentados na terraza do Beer´s e mentres bebían cervexa puxéronse de novo a discutir por non ter cartos e non saber que facer. O Varas remata a discusión mandando calar a Rica e vaise dar unha volta polo centro comercial.
6.- Seguía sentada en Laxe pensando e descansando porque acababa de facer unha viaxe accidentada. Colleu a bicicleta e baixou ata o porto onde tiña o tráiler, meteuna dentrodo camión e escoitou as 15 chamadas perdidas de Lolo. Ela tiña que levalo ata a Coruña para que coñecese aos contactos da empresa nesa zona. Cando o chama el non contesta. Era algo estraño; pero deixoulle unha mensaxe no contestador.
7.- Varas entrou nunha tenda de lencería e púxose a pensar. Estaba farto de tanta disputa, si agocharse na Guarda ou na Coruña na casa da irmá de Rica, que non llegustaba nada. Estaba farto de gañarse a vida coma furtivo de percebes na costa de Oia ou Cabo Silleiro, de complicarse a vida indo polos cativos, de Rica unha señorita que gastou moitos cartos consumindo droga de ricos, de aí o seu alcume. El sentíase só e xa era tarde para deixar todo.
8.-Mentres conducía ía pensando en Celia, como aprendera a conducir por eses camiños de lama e grava desdeFisterra ata Coruña; como a miraban todos, como a trataban os demais camioneiros, como se foi facendo un nome por toda a Costa da Morte “ a camioneira de Calcova”, como ela a maila súa irmá María se dedicaron a vender peixe mercándoo na praia e levándoo á Coruña, como fora unha muller de acción sempre ao volante.
9.- Rica entrou a buscar a Varas á lencería. Os nenos entretíñanse en todas as tendas,detíñanse en todos os escapartes e isto desesperábao. Dixie entrou nunha tenda de gominolas e o seu pai foi buscala ao mesmo tempo que roubaba unha presa de chuches. Pixie era máis rebelde ca ela, non podía ver o seu pai e sempre tentaba amolalo. Mentres Rica rifaba con Dixie por portarse mal o seu irmán desaparecera.
10.-A camioneira, Camila, tiña un blog profesional e ese día tiña que escribirnel unha anotación persoal, tiña que contar un dos seus soños porque se podía facer realidade. O blog nacera ao mesmo tempo que preparaba a súa tese de doutoramento sobre o impacto das novas tecnoloxías na actividade económica do transporte das mercadorías (Estudo que lle serviu para o crecemento da súa empresa). Nacera co obxectivo de pór as novas tecnoloxías ao servizo do transporte e ao...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Fran
  • fran
  • Fran
  • PISTOLAS
  • Fran
  • Fran
  • Fran
  • La Pistola

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS