A Situación Sociolingüística Do Galego
A situación sociolingüística do galego: unha lectura
ANXO M. LORENZO SUÁREZ
Para Xan M. Bouzada, in memoriam
Anxo M. Lorenzo Suárez é profesor titular da área de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo, onde imparte clases de sociolingüística galega, planificación lingüística e contacto de linguas. Actualmente dirixe o departamento de FiloloxíaGalega e Latina da Universidade de Vigo
E
Francisco Bueno. Fragmento dun cartaz
sobre os establecementos de Vilanova de Lourenzá rotulados en galego
ste traballo é unha versión reducida daquel presentado e debatido no foro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade, organizado polo Consello da Cultura Galega co gallo do seu vixésimo quinto cabodano, en xuño de 2008. Agradezoos comentarios sobre o texto que tiveron a ben transmitirme os profesores Johhanes Kabatek e Gabriel Rei-Doval, coa precisión de que as interpretacións aquí expostas e os posibles erros u omisións son responsabilidade exclusiva do autor. ¿Cabe unha interpretación orixinal sobre a situación sociolingüística de Galicia? A resposta a esta pregunta debe ser, na miña opinión, negativa: contamos coninformación abonda e con interpretacións o suficientemente diversas como para termos unha idea clara e —sempre orixinal— do que aconteceu nestes anos e do que está a pasar actualmente coa lingua galega, coa situación sociolingüística de Galicia e coa implementación das políticas lingüísticas —así como da súa eficacia, eficiencia e alcance—. Agora ben, información e interpretacións diversas —e nalgúnscasos moi profundadas— non son sinónimo de consenso, por suposto: nin entre políticos, nin entre especialistas, nin entre as elites sociais e culturais que traballan a prol da cultura galega. Sendo a resposta negativa, caracterizar a situación sociolingüística actual da lingua galega significa afondarmos nas causalidades diacrónicas e sincrónicas, atendendo a cuestións sociolingüísticas,lingüísticas, discursivas, políticas, etc. En consecuencia, desenvolveremos a continuación unha caracterización do que aconteceu nun período temporal de 30 anos (de 1978 a 2008, aproximadamente) de cambio e evolución dunha situación sociolingüística, a de Galicia e a da lingua galega. A estrutura do presente artigo está artellada en catro apartados. En primeiro lugar, presentamos unha interpretación sobre opunto de partida sociolingüístico en que se atopaba a lingua galega a finais dos anos setenta. En segundo lugar, propoñemos unha reflexión sobre a política lingüística desenvolvida en Galicia no período 1980-2005. En terceiro lugar, discutimos algúns dos indicadores máis relevantes da situación sociolingüística actual. E, finalmente, pechamos cunha síntese que ten a finalidade de enxergar algunhasdas claves sociolingüísticas e dos escenarios futuros polos que pode transitar o idioma. Para comezar, e como hipóteses de traballo, imos formular dúas ideas: unha sobre a situación sociolingüística do idioma e outra sobre os efectos da súa institucionalización e acción política planificada.
▲
19
Revista Grial 179, pp. 19-31
En primeiro lugar, a situación sociolingüística da linguagalega non mudou significativamente nestes trinta anos debido a que continuou a marcha, a un ritmo lento, do proceso de substitución social do galego polo castelán, e porque ao mesmo tempo se foron concretando cambios moi favorables para o idioma galego en aspectos como a competencia para utilizalo, a súa visibilidade social e institucional ou a mellora substancial das actitudes lingüísticasdeclaradas polos individuos. Desde o século XIX, o abandono da lingua galega camiña en paralelo aos esforzos de recuperación social, igual ca aconteceu tamén nestes últimos trinta anos. En segundo lugar, a política lingüística institucional, desenvolvida principalmente desde a Xunta de Galicia, tivo un alcance limitado no tocante ao éxito do denominado proceso de ‘normalización lingüística’ debido a...
Regístrate para leer el documento completo.