A unión europea e os procesos de cooperación internacional para o desenvolvemento

Páginas: 24 (5900 palabras) Publicado: 3 de septiembre de 2010
A UNIÓN EUROPEA
E Os PROCESOS DE
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
PARA O DESENVOLVEMENTO

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN
2. POLÍTICA DE COOPERACIÓN COMUNITARIA
3. PAÍSES DE EUROPA CENTRAL E ORIENTAL
4. ÁFRICA, CARIBE E PACÍFICO: ACP
5. AMÉRICA LATINA E ASIA
6. A POLÍTICA COMUNITARIA DE COOPERACIÓN CO MEDITERRÁNEO
7. CONCLUSIÓN

1. INTRODUCIÓN
Europa, desde a creación da Comunidade,buscou establecer relacións, baseadas nas disposicións explícitas do Tratado de Roma, onde se contempla a posibilidade de asinar acordos arancelarios e comerciais (a. 113 TCEE) ou acordos de asociación (a. 238 TCEE) con terceiros Estados[1].
Son especialmente importantes as relacións existentes entre os países da Unión Europea e os países da conca mediterránea, debido á proximidade e vínculoshistóricos comúns; isto permitiu trabar relacións de interdependencia en numerosos sectores: abastecemento enerxético, o comercio, o medio ambiente... A pesar da importancia das relacións co Mediterráneo, a Unión Europa non limitou as súas relacións aquí, senón que abriu unha gran ramificación de contactos, acordos e sociedades con distintos países de todas as partes do mundo: os países do Leste,os países do continente asiático, África...
O principal obxectivo perseguido pola Unión Europea foi o de contribuír a eliminar as ameazas de desestabilización política e económica e lograr unha estabilidade que favoreza a todos.

FONDOS DA UNIÓN EUROPA DESTINADOS A TERCEIROS PAÍSES
A Unión Europa destina anualmente ao redor de 8.000 millóns de Euros á cooperación con terceirospaíses.
A maior parte desta axuda canalízase cara a seis grandes fondos:
• FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO (FED): África, Caribe e Pacífico.
• PVDÁ: Países en vías de desenvolvemento de América Latina e Asia.
• MEDA: Países Mediterráneos.
• PHARE: Países de Europa Central e Oriental (PECOS).
• TACIS: ex(Repúblicas Soviéticas e Mongolia.

Estes fondos son xestionados polaComisión Europa, máis concretamente polas Direccións Xerais de Relacións Exteriores, de Desenvolvemento e de Ampliación e desde o 1 de xuño de 1998, tamén polo Servizo Común de Relacións Exteriores, SCR.
Agora imos estudar dita política fase por fase e por orde cronolóxica, co fin de analizar os cambios e as melloras que se produciron nestas relacións ao longo dos seus case corenta anos dehistoria.

2. POLÍTICA DE COOPERACIÓN COMUNITARIA
A creación da Política de Cooperación da Unión Europea débese a un proceso histórico de incorporación de diversas materias e diferentes áreas xeográficas, cuxo motor foi o desexo de paliar os grandes desequilibrios económicos existentes entre as nacións do mundo e o evitar, na medida do posible, que as políticas comunitarias agraven estasdesigualdades.
Esta política atopa os seus antecedentes no Tratado da Comunidade Económica Europea (TCEE), asinado no ano 1.957. Este tratado non incluía ningún aspecto internacional, pero si había nel políticas comunitarias, que afectaban a terceiros países e, sobre todo, aos países máis débiles, aos países do Terceiro Mundo. Referímonos á Política Agrícola Común (PAC) e a Política ComercialComún (PCC). Isto significa que a pesar de que non había dimensión externa, a firma do Tratado de Roma tivo repercusións internacionais e mostrou o gran potencial da Comunidade fronte aos países máis pobres.
O preámbulo deste tratado sinalaba o interese europeo en reforzar a solidariedade cos países menos desenvolvidos e incluía na Parte IV unha sección dedicada aos Países e Territorios deUltramar (PTUM), que non permite falar de Cooperación ao Desenvolvemento, porque só supón aínda trato especial respecto de terceiros países, pero xa se pon de manifesto a cuestión. Asináronse acordos que supuñan exencións ao arancel aduaneiro para os PTUM e, en 1.958, púxose en marcha o Fondo Europeo de Desenvolvemento (FED) coa idea de axudar a estes países. Ademais, nos artigos 3 e 131 –136...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El comercio internacional de la unión europea
  • El proceso de construcción de la unión europea
  • El proceso hacia la Unión Europea
  • Unión Europea-proceso de formación-
  • Cooperación internacional para el desarrollo
  • La Cooperación Internacional para el Desarrollo
  • Instituciones para la cooperación económica internacional
  • Ley De Cooperación Internacional Para El Desarrollo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS