A vida de darein

Páginas: 6 (1426 palabras) Publicado: 16 de noviembre de 2011
Darwin
A evolución como revolución
“Os alicerces de Darwin”
- Pódese defender a idea de que a “teoría da evolución” sexa a idea máis importante xurdida da mente humana, e quen a creou, Charles Darwin, figure entre os científicos máis influentes que teñan vivido nunca. Darwin transformou a maneira en que a humanidade percibe o seu lugar na natureza e dalgún xeito transformou parasempre a nosa visión do mundo.
- Para poder entender como Darwin chegou a elaborar esta idea hai que entender o contexto no que se desenvolveu a súa vida. Esta foi a súa vida.
“Os alicerces de Darwin”
- Darwin en Shrewsbury o 12 de febreiro de 1809, (curiosamente o mesmo día que Abraham Lincoln). O seu fogar que aparece na imaxe chamábase “The Mount” e descende dunha familia culta eliberal para o que daquela eran as costumes victorianas: eran contrarios a escravitude, defendían a liberdade relixiosa e apoiaban a independencia dos Estados Unidos. Na seguinte imaxe podemos ver un camafeo da familia a favor da causa abolicionista.
“A familia”
- A familia Darwin tivo algúns membros moi reputados e respectados sobre todo no eido científico. Vexamos algúns deles:
“O avó:Erasmus Darwin”
- Erasmus Darwin, o avó de Charles foi un importantísimo médico. Tamén foi un poeta fascinado pola filosofía natural. Xa propuso unha explicación natural ao orixe e desenrolo da vida no seu libro “Zoonomia” do 1794.
“O pai: Robert Waring Darwin”
- Robert Waring Darwin, pai de Darwin, era un home corpulento e un médico moi respectado que moitas veces exercía comopsiquiatra ao que os pacientes tiñan en gran estima.
“O nai: Susanah Waring”
- Darwin tivo unha infancia privilexiada e feliz no seu fogar campestre. A única excepción foi a morte da súa nai, Susanah en 1817, cando só contaba con 8 anos de idade. As tres irmáns maiores volcáronse nel para compensar a perda.
“Infancia: a escola”
- Logo da morte da súa nai Charles foi a un internado aunhas millas da súa casa e cando volvía a casa o fin de semana polo camiño ía recollendo escaravellos ou cando xa chegaba a casa realizaba experimentos químicos no alboio do xardín co seu irmán Erasmus, con quen tivo unha estreita amizade toda a súa vida, Isto foi abondo para que no colexio lle puxeron o alcume de “gas” .
“A xuventude de Darwin”
- O pai de Darwin quería que fora médico eque fose a terceira xeración do Darwin que estudase na Universidade de Edimburgo, máis a el non lle interesaba moito. . As clases resultáronlle moi aburridas pero o que definitivamente rachou o conto foi o horror da cirurxía sen anestesia. Deixou os estudos para concentrarse na historia natural. Prefería visitar aos pescadores locais para rebuscar peixes raros entre as redes ou facer pequenasexcursións científicas ou elaborar proxectos de investigación e participar en presentacións de sociedades científicas.
“Estudando para sacerdote”
- O pai decidiu que se Darwin non quería ser médico sería sacerdote polo que enviouno a Universidade de Cambridge, cousa que a el non lle gustou moito, aínda que lle atraía a idea de ser párroco rural o que lle deixaría tempo para o estudo dahistoria natural.
- Nesta universidade atopou un ambiente máis do seu gusto: adicouse a coleccionar escaravellos e plantas, e adicouse a facer o golfo (bebendo, xogando as cartas...) e incluso tivo a súa primeira noiva.
“As amizades”
- En Cambridge coñeceu a John S.Henslow que sería o seu mentor e que sería a persoa que máis influíu na súa carreira. Era un profesor especialista en botánicaco que Darwin daba longos paseos mentres este lle instruía. Isto o animou a centrarse nos seus estudos
- Henslow animouno a ler obras de autores como Humboldt sobre os viaxes a América do sur, o cal creou o desexo en Darwin de viaxar polo mundo. Ao regreso a súa casa por vacacións tiña unha carta dun profesor da universidade que lle ofrecía a posibilidade dunha viaxe por todo o mundo....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • darein
  • Vida antes de la vida
  • Vida De Vida
  • la vida es la vida
  • la vida de mi vida
  • VIDA DE LA VIDA
  • vida de vida
  • La vida es vida

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS