O Antigo Réxime

Páginas: 16 (3944 palabras) Publicado: 11 de noviembre de 2012
Colección documental

Capítulo II

1º de Bacharelato

O Antigo Réxime: demografía, economía, sociedade, goberno e ideoloxía.
Unha poboación fluctuante. Crises demográficas e crecemento da poboación.

A. Informe dun médico sobre a cidade italiana de Bérgamo (1629). “Aos comenzos de marzo, ao aumentar a escaseza, viñeron a esta cidade uns tres mil pobres, a maior parte deles, negros,tostados polo sol, extenuados, débiles e en malas condicións, daban mostras evidentes da súa necesidade (...). E estes pobriños que ían vagando pola cidade, destruídos pola fame (...), morrían de cando en cando polas rúas, polas prazas e a carón do palacio (...). Debéndose, polos presentes sucesos, deducir unha advertencia para saber como comportarse no futuro, recórdase que sería preciso socorrer aospobres dos pobos mandándolles grandes e suficientes esmolas, prohibíndolles despois rigurosamente a entrada na cidade, poñendo gardas nas portas e facéndoos sair cando tiveran entrado. Por que actuando deste xeito conseguirase a preservación da patria dos inminentes males contaxiosos, malignos e epidémicos e esquivarase o tedio e o tormento imsoportable, o horror e o espanto que implica unhamultitude rabiosa de xente medio morta que asedia a todo o mundo polas rúas, polas prazas, polas igrexas e ás portas das casas, de xeito que non se pode vivir cun fedor que apesta, con contínuos espectáculos de moribundos, mortos e, sobre todo, con tantos rabiosos que non se pode sacar un de enriba sin darlles esmola, e a quen un lle da, acude un cento, e quen non o ten experimentado non o cré”(CIPOLLA, C.M.: Contra un enemigo mortal e invisible. 1993)

B. O cambio de ciclo demográfico. “En términos moi xerais e, polo tanto, escesivamente simplistas, a historia demográfica recente do Occidente europeo -tamén considerado como unha unidade, sen mais distingos- presenta dous ciclos moi diferenciados. A bisagra que separa un do outro sitúase nos anos finais do século XVII e nos iniciais doséculo XVIII. Antes de 1700, por dicilo así, a tendencia maior é ao estancamento demográfico; a partir de 1700, a mesma tendencia vólvese francamante alcista. Dende 1348 -estalido da peste negra- ata 1720 -peste de Marsella- as epidemias de peste bubónica (letalidade 75%) ou de peste pulmonar (letalidade 100%), con outros factores de menor cuantía, diezman periódicamente os excedentes normais dosnacementos sobre as defuncións. A poboación medra a curto prazo, para estancarse, e quizais reducirse, a longo prazo. A Baixa Idade Media e a Alta Idade Moderna forman, a causa sobre todo das epidemias pestíferas, unha das piores etapas do desenvolvemento humano de Europa. Co século XVIII, ese estado de cousas comenza a cambiar de xeito radical. Sexa por motivos alleos ao home, como pensa L.F. Hirst(desprazamento do rattus rattus polo rattus norvegicus; de virulencia atenuada da enfermidade nos focos endémicos de China e a India), ou pola acción victoriosa do mesmo, dacordo co parecer de Biraben, Goubert ou Meuvret (crecente eficacia da administración real e das súas medidas preventivas), o feito é que a peste, que por espazo de máis de tres séculos case se confundira coa historia demográficade Occidente, desaparece do seu ambeto. De repente, a mortalidade epidémica, causante das mairoes catastrofes, reduce o seu impacto. As consecuencias deste fenómeno son inmediatas: en adiante, o plus de nacementos acumulado durante os anos normais sobrevivirá, en maior ou menor proporción, ás novas crises epidémicas: (...)”
(NADAL, Jordi: La población española (Siglos XVI a XX). Ed. Ariel.Barcelona. 1986)

C. O que pensa Robert Malthus. “Considerando aceptados os meus postulados, afirmo que a capacidade de crecemento da poboación é infinitamente maior ca capacidade da terra para producir alimentos para o home. A poboación, se non atopa atrancos, aumenta en progresión xeométrica. Os alimentos tan só aumentan en progresión aritmética. Abonda con posuír as máis elementais nocións de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Antigo Réximen
  • O antigo réxime (gallego)
  • españa do antigo rexime
  • O Rexime Antigo Tema 1 Sociais
  • A Crise Do Ántigo Réxime
  • A Crise Do Antigo Réxime
  • A crise do antigo rexime
  • A Galiza do antigo rexime

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS