O COMENTARIO CR TICO

Páginas: 2 (341 palabras) Publicado: 25 de mayo de 2015
O COMENTARIO CRÍTICO


I.Que é?
Consiste en expresar organizada e claramente unha valoración argumentada sobre un texto dado. Valorarase a capacidade crítica e a expresión lingüística.

II.Como sefai?
Imos distinguir unha fase de preparación e outra de redacción do comentario.

A.PREPARACIÓN DO COMENTARIO

1.Que di o texto?
a)Lectura xeral do texto solucionando todas as dúbidas sobre osignificado das súas palabras.
b)Segunda lectura subliñando o máis importante de cada parágrafo.
c)Extrae a idea principal de cada parágrafo e mais as ideas secundarias, intentando establecer relaciónsentre elas.
d)Resume o texto.
e)Establece o tema do texto.

2.Que opino sobre o texto?
Tes que reflexionar sobre o que sabes do tema e sobre o que pensas das ideas expresadas no texto, é dicir, tesque decidir que tese vas defender e con que argumentos.

3.Como expreso a miña opinión?
Agora que xa sabes o que pensas, tes que expresalo. Convén realizar un borrador segundo as pautas seguintes:
-Aextensión aproximada do comentario é 200-250 palabras.
-É recomendable que o texto presente tres partes: introdución, desenvolvemento e conclusión. (Daquela deberá contar, como mínimo, con tresparágrafos). Nesta fase debes esquematizar o que vas incluír en cada unha.

i. Introdución: debe ser breve (un parágrafo) e pode enlazar coa lectura do texto, recollendo a súa idea principal. Podes opinarsobre a importancia e actualidade do tema ou sobre a orixinalidade ou o enfoque co que está tratado o asunto.
ii. Desenvolvemento: é a parte máis extensa e pode conter máis dun parágrafo. Aquí debesexpoñer os teus argumentos, ordenados e relacionados. Evita as contradicións, as repeticións ou as informacións non razoadas.
iii. Conclusión: debe ser breve (un só parágrafo) e resumir a esencia doexposto anteriormente, é dicir, debes expoñer a tese que defendiches.



B.REDACCIÓN DO COMENTARIO

Agora debes desenvolver o esquema-borrador. É tan importante a corrección da expresión coma a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Comentario Cr Tico De
  • EJEMPLO DE COMENTARIO CR TICO
  • ESQUEMA DEL COMENTARIO CR TICO
  • Ejemplo Comentario Cr Tica
  • COMENTARIO CR TICO
  • ESQUEMA COMENTARIO CR TICO
  • Comentario Cr Tico Ray
  • ESQUEMA DEL COMENTARIO CR TICO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS