O crack da bolsa neoiorquina

Páginas: 2 (439 palabras) Publicado: 8 de diciembre de 2014
O CRAC DA BOLSA NEOIORQUINA PAX139
Estamos ante un texto datado no ano 1955 escrito por John K. Galbraith . Pertence ao seu libro “o crac do 29” que se converteu nun clásico da literatura dedivulgación económica e da historia da economía. O tema é o crac do 1929, cando se afundiu a Bolsa de valores de Nova York (Wall Street). Este texto trata o martes 29 de outubro de 1929, tamén coñecidocomo “xoves negro” como o peor día na historia da economía mundial.


Anteriormente en EEUU, a década de 1920 foi de auxe e prosperidade. Eran a maior potencia económica mundial e as súasfábricas producían enormes cantidades de produtos baratos. O consumo de masas aumentou estimulando polas facilidades de compra a prazos e a boa marcha dos negocios propiciou un incremento dos valores dasempresas na Bolsa de Nova York e, desde 1925, as cotizacións en Wall Street non deixaron de subir. Ao mesmo tempo os capitais norteamericanos serviron para financiar a reconstrución da economíaeuropea.

O 24 de outubro de 1924 (xoves negro) produciuse de súpeto o afundimento do mercado de valores de Nova York. O pánico fixo que todo o mundo quixese vender as súas accións. Moitos norteamericanosse arruinaron en cuestión de minutos, perdendo as súas fortunas investidas en valores. A desesperación levou a algúns a suicidarse.
A causa deste crac foi unha combinación de factores. A causainicial foi a especulación bolsista, agravada por prácticas de risco e combinada co pánico. Pero a súa extensión debeuse aos problemas de superprodución.
Os efectos do crac da bolsa notáronse en todosos sectores. Os bancos quedaron sen reservas pola retirada de capitais e quebraron, deixando sen aforros a miles de familias. As empresas, por falta de vendas, tiveron que pechar ou reducir persoal,enviando ao desemprego a millóns de traballadores e traballadoras.

As consecuencias do crac alcanzaron a todas as economías capitalistas, debido á situación de dependencia que tiñan coa banca...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Ca Da De La Bolsa De Wall Street
  • bolsa de valores y el crack del 29
  • Crack de la bolsa y New Deal
  • El crack de la bolsa de 1929
  • crack
  • Cracker y Crack
  • Crack
  • crack

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS