O islam e ál-andalus

Páginas: 9 (2077 palabras) Publicado: 22 de enero de 2014
O ISLAM E AL-ANDALUS.
O Islam, igual que o xudaísmo e o cristianismo, é unha relixión monoteísta, transmitida a través dun profeta chamado Mahoma.
A nova relixión foi predicada na Arabia do século VII, Á súa morte, os árabes espallárona por África, Asia e parte de Europa. Os musulmáns iniciaron en 711 a conquista da Península Ibérica. A debilidade do reino visigodo permitiu o dominio daPenínsula, na que permaneceron ata a súa expulsión en 1492. O Estado que crearon na Península lbérica recibiu o nome de Al-Andalus e tivo o seu máximo esplendor no século X, cando se proclamou o Califato de Córdoba. Nos séculos posteriores, os seus territorios foron conquistados de xeito progresivo polos reinos cristiáns peninsulares.
Os oito séculos de presenza do Islam na Península deixaron unhapegada que segue presente na nosa cultura, arte, costumes e lingua.

1. A difusión da nova relixión por Mahoma.
1.1. MAHOMA, PROFETA DO ISLAM.
A relixión islámica tivo a súa orixe en Arabia, península desértica situada en Oriente Medio. A maioría dos seus habitantes (guías de caravanas, pegureiros e agricultores) vivían en tribos preto dos oasis. Eran politeístas e peregrinaban á Meca, un centrorelixioso que acollía a pedra negra da Kaaba.
Mahoma naceu na Meca e, segundo a tradición, aos 40 anos o arcanxo Gabriel anuncioulle que era o novo profeta elixido por Alá (Deus en árabe) para predicar unha nova relixión: o Islam. Tivo poucos seguidores e as autoridades perseguírono.
No 622 tivo que fuxir da Meca e refuxiouse na cidade de Medina: foi a chamada Héxira ou fuxida, que data ocomezo da era musulmá. Converteu aos habitantes de Medina e, coa súa axuda, no 630, conquistou A Meca. Á súa morte (632), a maioría de árabes eran musulmáns e a península arábiga unificárase politicamente.
As verdades que Alá Ile revelou a Mahoma foron recollidas despois da súa morte, no Corán, o libro sagrado dos musulmáns.

1.2. A DIVISIÓN DO ISLAM.
Logo da morte do profeta, a comunidade defieis foi guiada polos califas (sucesor ou representante en árabe), cuxo poder político e relixioso estaba fixado pola lei do Islam. Os primeiros catro califas foron escollidos entre os discípulos máis próximos ao profeta.
Os seguidores de Mahoma non aceptaron unanimemente a autoridade dos primeiros califas e dividíronse en dúas grandes tendencias:
- O sunismo (90% dos crentes) defende que osmusulmáns deben seguir o exemplo do profeta. Baséanse no Corán e tamén nos textos que recollen as palabras e xestas do profeta (Sunna).
- O xiísmo (10% dos crentes) só recoñece a autoridade relixiosa de Mahoma e dos seus descendentes directos. Por iso, sosteñen que o primeiro califa foi Alí, curmán de Mahoma e marido de Fátima, filla do profeta, e rexeitan a autoridade dos tres califasanteriores. As comunidades xiís son maioritarias en Irán.

1.3. O ISLAM, UN CÓDIGO DE CONDUTA.
Os musulmáns seguen unhas normas ditadas polo Corán e a tradición. Estas normas conforman a lei islámica ou sharia. Todo bo musulmán debe seguir os chamados cinco piares do Islam:
- A profesión de fe en Alá como único Deus.
- O rezo diario cinco veces ao día.
- A esmola.
- O xaxún no mes do Ramadán.
- Aperegrinación á Meca.
Doutra banda, ten prohibido consumir bebidas alcohólicas e carne de porco.
O Islam non ten sacerdotes, pero existen directores de oracións (imáns) e intérpretes dos textos sagrados (ulemas). Os xuíces (cadís), elixidos entre os musulmáns máis devotos, aplican a xustiza seguindo as normas do Corán.

2. A expansión do Islam.
2.1. A PRIMERA EXPANSIÓN.
A expansiónterritorial do Islam realizouse en varias etapas:
- Moi rapidamente baixo o goberno dos catro primeiros califas (632- 661), que conquistaron Iraq, unha parte de Irán (antiga Persia), Siria e Exipto.
- Posteriormente, ocuparon todo o Norte de África logo dunha guerra contra os bérberes.
- Máis tarde conquistaron gran parte da Península Ibérica.
- Entraron no territorio dos francos, que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El Islam Y Al-Andalus
  • Islam i Al-Andalus
  • Esquema islam-al andalus
  • Al-Andalus
  • Al-andalus
  • al andalus
  • Al-Andalus
  • Al andAlus

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS