O motor
l.-FUNCIÓNS
Por lisa que pareza calquera parte móbil do motor, existen pequenísimas rugosidades que se opoñen ó movemento producindo rozamentos e por conseguinte quecementos.
Estas friccións se atenúan ó interpoñer entre as pezas en rozamento, unha fina película de aceite, que chega en ocasións a un espesor inferiora 0,1 mm. Por conseguinte, os lubricantes deben ser dunha calidade que lles faga capaces de soportar as altas temperaturas do motor sen que se queimen e sen que se rompa a película, por efecto da presión que exercen as pezas entre si; tamén deben ter capacidade para eliminar os compostos químicos derivados da combustión que puideran corroer as pezas do motor.
En resumo as funcións doaceite do motor son:
-Lubrificar ,proporcionando unha película resistente entre as superficies de todas as partes móbiles, a fin de facilitar o seu deslizamento e diminuír o desgaste, o que leva consigo alongar a vida das superficies sometidas a rozamento e polo tanto aumenta o rendemento do motor pola diminución de esforzos inútiles.
-Refrixerar, colaborando co sistema de refrixeraciónna absorción de calor dos elementos lubrificados.
-Limpa sucidades que se forman no interior do motor polos efectos dos residuos da combustión.
- Controlar o seu pH neutralizando os ácidos residuais da combustión, especialmente o sulfúrico ( SO4 H 2 ) e sulfuroso (SO3 H 2) que se producen ó queimarse o xofre contido no gasóleo e que tende a condensarse no cárter.
3.- TIPOS DESISTEMAS DE LUBRIFICACIÓN
Pódense clasificar nos seguintes tipos:
3.1.- De lubrificación por barboteo o salpicadura.
3.2.- De lubrificación a presión
3.3.- De lubrificación a presión e por salpicado.
3.4.- Sistema de engraxe por mestura.
3.1.- LUBRIFICACIÓN POR SALPICADURA Este sistema está en desuso sendo substituído polo sistema de circulación a presión. Oesquema é o seguinte:
Figura 5.1 e figura 5.3 (pax. 1-6 dos debuxos)
[pic]
3.2.- LUBRIFICACIÓN A PRESIÓN: É o procedemento de engraxe usado na actualidade por tódolos motores de catro tempos pois asegura o engraxe permanente e uniforme de tódalas partes do motor.
O aceite deposítase no cárter inferior, dende alí é recollido por unha bomba pasando antes por un filtro de malla(colador) que retén as partículas máis grosas que puidera conter e que poderían prexudicar á bomba. A continuación da bomba pasa, xa a presión, a través do filtro de aceite, que depura por completo o aceite. Intercalada entre estes dous elementos encontrase a válvula de descarga ou sobrepresión, que se encarga de manter o aceite no circuíto a unha presión comprendida, xeralmente, entre 3 e 5 atm.O aceite filtrado continua por un conducto do que parten ramais diferentes; por un lado, vai a engraxar os apoios do cegoñal, o eixe do cegoñal nos seus apoios sobre os seus coxinetes, ten un orificio polo que penetra o aceite e a través dun canal interno que leva a cada unha das manivelas chegando o aceite ata as muñequillas e ós casquillos das bielas: por outro lado engraxa os apios da árbore delevas e seguindo este último ramal chega ata o eixe de balancíns e as respectivas válvulas. O aceite que escorre do eixe de balancíns esvara polos empuxadores e engraxa os taqués e as levas caendo por gravidade no cárter.
Os engrenaxes e cadea de distribución lubrícanse por unha toma que soe partir do aceite que engraxa o cegoñal e a arbore de levas.
Si o motor vai provisto deturboalimentador, este debe ter prioridade de engraxe debido ó alto nº de revolucións que acada ( > 100.000 r.p.m.), polo que avariarase seriamente si a lubricación é defectuosa. Por iso o turbo soe recibir o aceite tan pronto arrinque o motor, aínda sen que o aceite fose filtrado, polo que estes motores levan unha válvula de prioridade que envía aceite ao turboalimentador en canto o motor inicia o...
Regístrate para leer el documento completo.