O perfume, novela

Páginas: 10 (2336 palabras) Publicado: 18 de octubre de 2014
FICHA BIBLIOGRÁFICA

Título: O perfume. Historia dun asasino
Autor: Patrick Süskind
Editorial: Sotelo Blanco
Colección: Medusa
Lugar e data de edición: Santiago de Compostela, 2006

Xénero literario: narrativa (novela)
Subxénero literario: novela histórica e policial.

O AUTOR

Patrick Süskind, nacido enAmbach, Baviera, o 26 de marzo de 1949, é un escritor e guionista do cinema alemán. Realizou estudios de Historia medieval e Moderna na Universidade de Munich e en Aix-en-Provence. No ano 1985 publicou a súa primeira novela, O perfume, obra que acadou un rápido e clamoroso éxito. Pouco despois da súa publicación converteuse en Best- seller e traduciuse a máis de 40 linguas en todo o mundo. É undos escasos best-sellers de éxito permanente. Tamén publicou o monólogo dramático O contrabaixo (1984), A pomba (1987), A historia do señor Sommer (1991) e mais Tres historias e unha reflexión (1996).










ARGUMENTO

Jean-Baptiste Grenouille nace no París de 1738. A súa mai abandoao nada máis nacer, motivo polo cal é colgada na forca. Grenouille ten unhas cualidades moiespeciais: posúe un nariz prodixioso. Amais diso, non ten cheiro propio. Por ese último motivo Grenouille é rexeitado dende cativo. Ningunha nodriza o quería manter, ata que Madame Gaillard, unha muller que perdeu o sentido olfactivo, o acolle no seu vil orfanato. Nel, os nenos intentan matalo en varias ocasións, xa que lles resultaba estraño. Grenouille era un repudiado. Naquel tempo era inconcebíbel quealguén carecese de olor, de cheiro vital. Todos os homes emitían algún tipo de fedor. Se non cheirabas non eras nadie. O pequeno Grenouille explora o mundo a través do seu nariz. Nel están comprimidos todos os seus sentidos, non necesita máis. Podería guiarse grazas a el nunha noite escura. A unha temperá idade Grenouille comeza a traballar como curtidor de peles. A través de ese oficio coñece aBaldini, un mestre do perfume acabado. Grenouille consegue ficar a traballar con el, xa que lle demostra o seu inmenso talento no mundo dos olores. O mozo fabrica sublimes perfumes que saen a venta baixo o nome de Baldini, polo que o vello perfumista consegue recuperar a fama. Durante esta etapa Grenouille comeza a aspirar a ser o mellor perfumista do mundo. Mais o taller de Baldini quédasellepequeno. O vello non conta con todas as técnicas de destilación posibles. Por ese motivo, Grenouille viaxa a Provenza, co fin de aprender máis sobre o grandioso mundo dos olores.

Durante ese camiño intenta evadirse ó máximo de todo cheiro humano. Vai por camiños desertos, o máis posiblemente afastados das cidades. Na súa marcha cara o sur, atopa unha cova no Plomb du Cantal, onde pasa 7 anos.Nese período vive como un auténtico ermitaño. É a etapa mais feliz da súa vida. Pasa a maior parte do día dormido. Soña con que esta no seu mundo ideal, no seu Reino dos Olores. Un día, esperta sobresaltado de toda esa burbulla por mor de decatarse da súa carencia de cheiro. Dende ese momento desexa crear un perfume que feda a home e que lle permita ter o seu propio olor. Finalmente, oconsegue na cidade de Grasse, centro perfumista da época. Alí aprende novas técnicas. Descubre como extraer o olor de calquera obxecto. Dende ese momento, soña con crear un perfume sublime, o mellor xamais creado por ningún home. Para acadar o seu obxectivo, asasina a 24 fermosas mozas para extraer o seu cheiro. Quere culminar o seu perfume co cheiro de Laura, unha loura e belísima rapaza. Unha vez que alocaliza, mataa. Ó pouco tempo é descuberto e detido polos gardas. É condenado a morrer por mor de golpes dunha barra de ferro que lle destruirían as articulacións, ante o xúbilo de todos os habitantes da cidade. Mais Grenouille, antes da súa execución, perfumouse co seu exquisito perfume. Este provocou algo sobrenatural: exaltou o amor entre todos os presentes e provocou unha multitudinaria...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • analisis de la novela el perfume
  • Características de la novela "El Perfume"
  • El perfume: una novela realista
  • Analisis de la novela El Perfume
  • Comparacio Novela El Perfume Con La Pelicula
  • Novela el perfume
  • La Época Social En La Novela "El Perfume"Escrita Por Patrick Süskind
  • Ensayo De La Novela El Perfume

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS