O sexenio democrático
O SEXENIO DEMOCRÁTICO
O Sexenio Democrático é período da historia de España comprendido entre 1868-1874 e que está caracterizado por ser o primeiro intento de conformación dun estado democrático no país. Neste período superpóñense tres etapas; a revolución da Gloriosa e o Goberno Provisional, o reinado de Amadeo de Saboya e a I República. A estas etapas hai que sumarlle outras cuestiónsque afectan á política interior como son a Guerra de Cuba e o nacemento do movemento obreiro socialista.
O goberno moderado da última etapa do reinado de Isabel II encóntrase desgastado, debido a varias razóns, os fracasados pronunciamentos do xeneral Prim e a sublevación dos sarxentos do Cuartel de San Gil. Progresistas, demócratas e unionistas son marxinados do sistema isabelino e por isodeciden realizar un pacto, o Pacto de Ostende, que establecía a necesidade de realizar un golpe de estado a través dun movemento revolucionario popular para derrocar a Isabel II, e unha vez que triunfase a revolución convocaríanse unhas eleccións democráticas para determinar o futuro do país: monarquía ou república.
O levantamento militar iniciouse o 19 de Setembro de 1868 en Cádiz, ao mando deTopete, coñecida como a Gloriosa. Este movemento reivindicaba o sufraxio universal, a supresión do imposto de consumos e das quintas e a defensa das clases medias e traballadoras. O levantamento foi seguido polas principais capitais de provincias. O 27 de setembro a Xunta de Goberno de Málaga súmase á revolución cunha proclama coa que se dirixen aos cidadáns grito de “Viva a liberdade! Viva asoberanía nacional! Abaixo os Borbóns!” (doc. 1). Grazas ao apoio o 28 de Setembro dábase o enfrontamento definitivo entre as tropas isabelinas e as revolucionarias na Ponte de Alcolea. A batalla resultou ser un triunfo total para as tropas revolucionarias, polo que o 30 de Setembro Isabel II abandona España en dirección a Francia.
O 29 de Setembro o goberno moderado entregaba o poder á xuntarevolucionaria. O 3 de Outubro a xunta entregaba, á súa vez, o goberno ao xeneral Serrano, formando así un goberno provisional composto de cinco ministros progresistas e catro unionistas, quedando os demócratas fóra. As primeiras medidas que tomaron para controlar a revolución foron a disolución das xuntas e a reorganización da Milicia Nacional. Atendeu algunha das medidas populares como a supresióndo imposto de consumos, a emancipación dos fillos escravos nacidos tras a revolución, a liberdade de ensino e de imprenta. A estas medidas sumámoslles outras de carácter económico como a lei de minas e o nacemento da nova moeda. O 25 de Outubro mostrábase un manifesto que establecía o sufraxio universal e as liberdades relixiosas, de ensino, de imprenta e de asociación e reunión. Desta formasentábanse as bases dun novo estado democrático no que os españois deseñarían o seu propio destino.
En xaneiro de 1869 tiveron lugar as eleccións a Cortes Constituíntes con maioría de progresistas e unionistas, e un notable número de deputados republicanos. A ampla maioría dos partidos progresistas e unionistas descobre a decisión dos españois ante a forma de estado desexada: unha monarquía. Acuestión que se formula é que baixo ningún concepto pode ser un Borbón, polo que habería que buscar algún candidato entre as familias reais europeas.
O primeiro labor do novo goberno foi a configuración dunha nova constitución, a de 1869 (doc. 2). Esta constitución presentaba numerosos artigos nos que se recoñecen a soberanía nacional de base popular e a división de poderes, xunto a unha ampladeclaración de dereitos, o sistema bicameral formado polo senado e o Congreso dos deputados (ambos os dous elixidos por sufraxio universal masculino). Con respecto á figura do rei presenta atribucións similares ás anteriores pero como novidade, a monarquía está suxeita á soberanía nacional.
A rexencia de Serrano estivo marcada polo acoso continuado dos republicanos, a guerra de Cuba e a...
Regístrate para leer el documento completo.