O Terrorismo Relixioso

Páginas: 7 (1715 palabras) Publicado: 11 de mayo de 2012
O TERRORISMO RELIXIOSO:O auxe global da violencia relixiosa.

O ensaio de Mark Juergensmeyer é unha obra que se pode subdividir en dúas metades ou partes casi simétricas en número de páxinas, aínda que quizais sexa
algo extensa de máis a primeira, dende o meu punto de vista. Sen embargo, sen esa parte primeira que fala de múltiples ataques terroristas perpetrados en diversas zonas do globoterráqueo faltaríalle cohesión argumental á obra. Vou a tratar de analizar a primeira parte do libro cun resumo bastante xenérico dos primeros capítulos dos que consta. Xa comeza o autor antes do prólogo citando un versículo do libro o Éxodo, do Antigo Testamento cristián que di o seguinte e que resume en dúas liñas este ensaio: “Mandaré mi terror ante ti y lanzaré a todo el mundo a la confusión”.O primeiro capítulo titúlase O Terror e Deus e é unha introdución da obra. Trata de respostar a preguntas como: ¿Qué diferencia existe entre terrorismo e liberdade? A resposta do escritor é que “calificar un acto terrorista é un xuízo subxectivo sobre a lexitimidade de certos actos de violencia tanto como o é unha exposición descriptiva sobre eles”. Outras preguntas que lanza o autor é se sediferencian realmente os actos terroristas feitos por Hamás dos levados a cabo por movimentos laicos. Tamén formula se poden considerar nalgúns casos os actos violentos como lexítimos. Estaría “xustificado” nos supostos de accións prioritarias como tácticas defensivas ante un mundo cheo de batallas que se magnifica e nos que prima saber defenderse, se é tendo unha escopeta na casa mellor que mellor.O segundo capítulo chámase “Soldados de Cristo” e trata sobre ataques contra clínicas abortistas por parte de sectas puritanas norteamericanas. Preséntanse ós terroristas de Estados Unidos a través dunha secta denominada Identidad Cristiana, vinculada á dereita radical norteamericana.








Moitos dos seguidores desta “organización” en Estados Unidos pertencen á AsociaciónNacional do Rifle, como reflexa a película Bowling for Columbine de Michael Moore. Esta película e este director mostran a violencia existente no país máis poderoso do mundo e a falta de principios morais. Ésta desemboca nunha búsqueda de algo terrenal que lle de sentido ás súas vidas e que os protexa (as armas).


Esta ausencia dun propósito vital tamén se vislumbra no capítulo “Armagedón nometro de Tokio”. É a falta de principios da sociedade actual a que leva a moita xente a realizar actos terroristas para atopar unha xustificación á súa vida. Por exemplo, a propia Identidade Cristiana é unha “encarnación americana” de demandas herdadas do Mayflower puritano de Inglaterra, que influíu coa súa chegada a comezos do século XVII ás costas, aínda case virxes daquela, americanas. Éstasdoutrinas, versionadas co paso do tempo,dan hoxe en día lugar a esas sectas megalómanas en sitios da América Profunda (Texas, Oklahoma, Arkansas…). Dende o meu punto de vista o caso de Tokio no que varios científicos lanzaran gas sarín no metro pareceme moi similar ao caso das sectas norteamericanas e a esa necesidade de ter algo ó que aferrarse.


O terceiro capítulo titúlase “Sión traicionada”.Fala do conflito entre israelitas e palestinos, pero dende unha perspectiva diferente. Fíxase nos moitos xudeos descontentos cun goberno demasiado occidentalizado. Son os activistas xudeus que pretenden recuperar (cito textualmente) “ a entidade política do Estado de Israel e as súas raíces ancestrais”. No 1994 produceuse o ataque á Tumba dos Patriarcas por parte do doctor Goldstein e no 1995levouse a cabo o asasinato do primeiro ministro israelí a mans dun terrorista chamado Yigal Amir. Este tipo de activistas xudeos buscan a volta á “orixe”.







Anhelan unha sociedade verdadeiramente xudea en Israel, que siga os parámetros do Torah. Reclaman a restauración do antigo templo de Xerusalén, a creación dun Estado rexido pola lei bíblica e por último o dereito a establecerse...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Terror o terrorismo
  • Terror
  • Terror
  • Terrorismo
  • Terrorismo
  • terror
  • Terrorismo De Estado
  • terrorismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS