áreas de coñecemento do medio

Páginas: 14 (3349 palabras) Publicado: 18 de abril de 2014
Área de coñecemento do medio natural, social e cultural.
Introdución.
Características da área.
A área de coñecemento do medio natural, social e cultural ten como finalidade iniciar a preparación de futuras cidadás e futuros cidadáns para participar na sociedade e interactuar co contorno comprendendo a realidade en que vive (social, física...), sendo quen de contribuír á súa mellora econservación e de exercer a cidadanía democrática. É dicir, a área tenta proporcionar recursos para coñecer o contorno cotián, para aprender a vivilo, respectándoo, conservándoo e transformándoo para melloralo. Todos os aspectos da área son concibidos como ámbitos de aprendizaxe desde os cales facer fincapé na comprensión da realidade, no desenvolvemento de actitudes críticas e na aceptación dasdiferenzas, usando como recurso o coñecemento do contorno propio e o achegamento progresivo a realidades diferentes no tempo e no espazo.
Esta área contribúe moi especialmente ao proceso de socialización de nenas e de nenos, proceso ao cal deben contribuír todas as áreas, pero máis especialmente unhas ca outras. Contribúe, pois, ao desenvolvemento persoal e social do alumnado, para a súa integraciónnun sistema de valores e nun corpo de saberes organizado, que é o que constitúe en sentido amplo unha cultura.
Os contidos agrúpanse en bloques que non son unidades independentes, nin se deben entender como unha proposta de organización didáctica. Pola contra, o profesorado deberá atopar fórmulas de tratamento integrador e globalizado que lle permitan ao alumnado adquirir coñecementos útiles parainterpretar os feitos, sucesos e problemas dun xeito integral. Eses bloques son os seguintes:
O bloque 1. Os seres humanos e a saúde, integra coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes encamiñados ao coñecemento do propio corpo e das interaccións deste cos demais seres humanos e co medio, á prevención das condutas de risco e á toma de iniciativas para desenvolver e fortalecercomportamentos responsables e estilos de vida con calidade e saudables. Recolle tamén o coñecemento de si mesmo para valorarse como ser diferente así como para respectar a diversidade e para facilitar o equilibrio emocional.
O bloque 2. As plantas e os animais, oriéntase basicamente ao coñecemento, respecto e aprecio polos seres vivos, xunto a aspectos relativos aos beneficios e coidados que precisan e aointerese por conservar a biodiversidade da Terra.
O bloque 3. A vida en sociedade, inclúe contidos orientados á comprensión do funcionamento da sociedade a partir da análise de organizacións próximas e dunha aproximación ao coñecemento das institucións galegas, españolas e europeas.
O bloque 4. O medio físico: espazo e materiais, inclúe contidos que van desde a percepción e a representaciónespacial ata o universo, pasando polo clima e a súa influencia, a auga e o seu aproveitamento, os fenómenos físicos, as substancias e os cambios químicos, así como a capacidade das persoas para actuar sobre eles.
O bloque 5. O paso do tempo, inicia o alumnado a apreciar os cambios e o paso do tempo, inclúe contidos relativos á súa medida e o achegamento á súa conceptualización a partir da historiapersoal, do tempo familiar e local, axudando a sentar as bases para un pensamento cronolóxico. Pode tamén abordar a vida noutros tempos (alimentación, as achegas de mulleres e homes relevantes da historia de Galicia, de España e de Europa, o vestiario, as festas, os xogos infantís, algúns aspectos do patrimonio artístico galego...) a partir da caracterización dalgunhas sociedades de épocashistóricas.
O bloque 6. Máquinas, aparellos e tecnoloxías, inclúe os contidos que se refiren á alfabetización nas tecnoloxías a través do traballo con máquinas e aparellos relacionados coa vida doméstica e cotiá, así como coas TIC (tecnoloxías da información e da comunicación). Este bloque desenvolverá a participación igualitaria de nenas e nenos na utilización de aparellos, máquinas e tecnoloxías coa...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Fisiolog A Del O Do Medio 2
  • Are you or are you not going to do something?
  • Trabajo Del Área De Medio Ambiente En Minería
  • Anteproyecto de Primero de Media área Matemática
  • licenciado en educación media en el area de español
  • lic. en educ. media area español
  • Calculo de area de un triangulo por medio de determinantes
  • Area de medios

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS