1º guerra mundial

Páginas: 6 (1441 palabras) Publicado: 22 de febrero de 2014
TEMA 7. A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL.
I. - INTRODUCCION.
A finais do século XIX a confianza nun mundo mellor aínda era superior á incerteza. Aos dirixentes europeos sorprendeunos a guerra, aínda que a estiveran a preparar. O vello adagio latino "se vis pacem, para bellum" non se cumpriu. Non resultaba imaxinable a magnitude das transformacións que a guerra acabaría por traer, xa que dos seusresultados se nutriu case todo o século XX. Aquí remata o "longo século XIX" e comeza o "curto século XX".

II. - OS CONFLITOS INTERNACIONAIS ANTES DE 1914.
A política exterior europea estivera baseada dende o século XVIII na teoría do "equilibrio" das potencias. Co proceso de unificación de Alemaña inaugúrase unha nova etapa. A situación do novo país no centro de Europa explica moitos doscomportamentos da Alemaña contemporánea. O propio Bismarck era consciente diso cando se refería ao "pesadelo das coalicións". A súa actividade diplomática tratará de buscar sucesivos sistemas de alianzas que evitasen estas coalicións, en especial as ansias de vinganza francesa.
A ruína do sistema comeza en 1890 coa caída de Bismarck e a formulación dunha nova estratexia diplomática por Guillermo II: aweltpolitik. A creación dunha potente mariña de guerra e a petición de participar na repartición dos territorios coloniais son os mellores expoñentes deste cambio de política.

A FORMACIÓN DOS BLOQUES.
Primeiro bloque: constituído por Alemaña, Austria e Italia.
Obedece á estratexia alemá de penetrar nos Balcáns e no imperio otomán, a través do apoio ao imperio austríaco.
A pertenza de Italiaa esta alianza foi sempre insegura,
Na unión do Imperio guillermino e o austro- húngaro é onde está o núcleo dos chamados durante a guerra "Imperios centrais".

Segundo bloque: a Triple Entente.
Ten a súa orixe na decisión do kaiser e o seu novo chanceler, Von Holstein, de non renovar o Tratado de Reaseguro con Rusia en 1890, considerando difícil o entendemento entre os republicanosfranceses e a autocracia rusa.
Non obstante, isto produciuse, non só polo illamento internacional de ambos os dous países senón tamén pola penetración de capitais franceses. Asinan unha alianza defensiva en 1892.
Incorporación de GB. En Inglaterra cuestiónase o "espléndido illamento" pola competencia de Alemaña.
-en 1902, conclúese unha alianza anglo- xaponesa contra o expansionismo ruso.-reconciliación con Francia coa firma da Entente Cordiale (1904), como un arranxo amigable do seu vello contencioso colonial.
-en 1907, acordo entre Rusia e Inglaterra que resolvía as disputas coloniais dos dous países.
Así, chégase á firma da Triple Entente (1907).

AS GUERRAS LIMITADAS OU AS CRISES DE PREGUERRA.
AS CRISES MARROQUÍS. En Marrocos sucédense dous conflitos que teñen como protagonistaao Kaiser Guillermo II e que, estando concibidos para quebrar a alianza franco- inglesa, rematan por fortalecela.
1.A primeira crise marroquí (1905)
O emperador alemán pronuncia en Tanger un discurso a favor da independencia.
A consecuencia foi a convocatoria da Conferencia Internacional de Alxeciras (1906), cuxas consecuencias son:
-política de portas abertas en materia económica,-politicamente se reforzou a posición francesa.

2.A segunda crise marroquí (1911)
Alemaña acusa a Francia de non respectar as actividades comerciais.
O acoirazado "Panther" entra no porto de Agadir, esixindo Alemaña compensacións territoriais ou concesións mineiras.
A crise sáldase coa concesión a Alemaña dunha parte do Congo francés (Camerún e Togo).


CRISES BALCÁNICAS
A partir de 1908.Constitúen o precedente máis directo da IGM.

Cuestión de Bosnia (1908).
Ata 1903 Austria mantivera boas relacións con Servia, pero agora temen que se converta nun novo Piamonte. Anexionan unilateralmente Bosnia en 1908.
Agás Alemaña, todas as potencias protestan, pero non apoian militarmente a Rusia.
Bosnia- Herzegovina entra no imperio cun estatuto especial, ao non ser asignada nin a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Consecuencias 1º guerra mundial
  • 1º Guerra Mundial
  • Causas 1º Guerra Mundial
  • 1º Guerra Mundial
  • 1º Guerra Mundial
  • Consecuencias De La 1º Guerra Mundial
  • 1º Guerra Mundial
  • consecuencias de la 1º guerra mundial

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS