7

Páginas: 76 (18934 palabras) Publicado: 15 de octubre de 2015
Filosofía contemporánea II

Unidade 7: NIETZSCHE

1. Introdución.
2. Un novo marco científico: evolucionismo e positivismo.
2.1. A época.
2.2. O evolucionismo.
2.3. O positivismo.
3. A herdanza da Ilustración.
4. Vida e obra de Nietzsche.
4.1. A vida .
A. As amizades.
B. A enfermidade.
4.2. A obra.
A. Sobre a obra.
B. Sobre o estilo.
C. Algunhas advertencias para a lectura de Nietzsche.
5. Ométodo xenealóxico.
5.1. Introdución.
5.2. A terminoloxía.
5.3. O método xenealóxico.
5.4. O perspectivismo.
5.5. A xenealoxía da moral.

NIETZSCHE

6. Crítica da cultura occidental: O nihilismo.
6.1. Crítica da filosofía.
A. O concepto de realidade ideal.
B. A inversión da intuición e o concepto, o dominio do suxeito.
C. Crítica aos conceptos metafísicos.
D. Crítica da idea de verdade.
6.2. Críticaás ciencias positivas.
6.3. A morte de Deus e o nihilismo.
7. A vontade de poder e o Superhome.
7.1. A vontade de poder.
7.2. O Superhome.
8. Resumo.

2

NIETZSCHE

1. Introdución.
Coa filosofía de Nietzsche remata o século XIX. Toda a súa filosofía está transida
dunha vontade de crítica radical da nosa cultura e da nosa situación terminal nela.
Quizais por iso, Nietzsche atopa nos últimostempos un eco maior do que tivo no seu
propio. Entón dominaba aínda a convicción de que Europa ía polo “bo camiño”, o do
progreso. Hoxe, pola contra, invádenos a conciencia de crise convertida incluso en
moda. Non é estraño, polo tanto, que moitos miren cara Nietzsche como o adiviño da
crise e o profeta da catástrofe (Ecce Homo, páx. 124).
Non obstante, convén tamén dicir dende o principio que amirada deste adiviño que se
vía a se mesmo como “dinamita” non se detiña na crise nin no seu análise. A súa
dinamita colocábaa en nome de algo que el denominou “vida” cunha palabra que se
presta a mil equívocos pero que certamente significa “algo” máis aló desta cultura
decadente. Algo que permite esperar e anunciar outra cultura superior, o superhome.
Esta referencia a un máis aló da cultura propiae o da súa linguaxe, un máis aló que non
é transmundano ou celestial, é unha referencia consubstancial á filosofía nietzscheana. É
precisamente a condición de posibilidade da súa crítica, porque esta consiste nunha
mirada que afonda a catástrofe, desenmascara as sucias orixes e augura futuros
mellores. Nietzsche constitúe “unha tremenda interrogación plantada á beira do camiño
que o home europeoven recorrendo ata agora e que estivo caracterizado pola herdanza
da Antigüidade e dous mil anos de cristianismo”. Alí onde este camiño parece rematar,
Nietzsche converte en sospeitosos os nosos valores máis fundamentais. A interrogación
non se resolve nel mediante unha resposta clara e distinta. Tratarase de ver que ten que
ser así. E isto compre estampalo no frontispicio, para que se absteñanos que aman máis
as solucións que os problemas e buscan, dende logo, “críticas construtivas”, é dicir, non
inquietantes. Nietzsche provoca nestes unha irritación estéril. Fuxan del, porque
Nietzsche o é todo menos confortable.
Con isto non se quere dicir que a súa filosofía desemboque no nihilismo. Esta filosofía
provocadora sinala sen dúbida unha dirección cara o sentido, aínda que xogue coaambigüidade e a xulgue necesaria. É precisamente esta ambigüidade, a pluralidade de
máscaras coa que se presenta, a que reclama aínda “interpretacións esenciais”, tamén en
plural.
Outro aviso no frontispicio: abstéñanse tamén diletantes na busca da derradeira moda
intelectual e mozos-vellos, é dicir, cansados antes de traballar. Atoparán en Nietzsche
con moita facilidade o que buscan e o atoparánexpresado nunha linguaxe que crerán
fácil: críticas á moral, á relixión, á ciencia, á filosofía mesma, ao Estado e á pequena
política. Nietzsche non perdoa nada. Non lles perdoa a eles mesmos, sairán tamén
escaldados, estigmatizados porque son o último produto da súa decadencia: agarrados
ao seu pequeno pracer para o día e ao seu pequeno pracer para a noite, sempre en busca
de velenos para morrer...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • 7
  • 7
  • 7
  • 7
  • 7
  • 7
  • 7
  • 7

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS