Byebyebye

Páginas: 53 (13135 palabras) Publicado: 9 de abril de 2012
Historia da Filosofía.
TEMA 1. FILOSOFÍA ANTIGA: PLATÓN.


| |
|MARCO HISTÓRICO E CONCEPTUAL: |
|.A formación da polis grega.|
|.Antecedentes presocráticos: Heráclito, Parménides, Anaxágoras. |
|.Os sofistas e Sócrates |
||
|PLATÓN: |
|. A teoría platónica das ideas: |
|- Mundo sensible e mundo intelixible|
|- Graos de coñecemento |
|. A concepción política : |
|- Antropoloxía platónica.|
|- Vinculación da alma á cidade  |




A FORMACIÓN DA POLIS GREGA.

Xeograficamente o interior de Grecia é moi montañoso e estéril. As montañas impiden a comunicación por terra, pero hai moitos vales nos que a poboación agrupouse formando comunidades dispersas ao redor dunhacidade preto do mar e rexida por unha monarquía hereditaria. A Grecia anterior á Filosofía está recollida nos poemas épicos de Homero, a Iliada e a Odisea. Estes poemas describen unha sociedade agrícola e mariñeira na que domina unha clase aristocrática que ten como valores supremos a honra e a gloria. Os deuses desta sociedade son deuses antropomórficos, as súas motivacións son as mesmas que as doshumanos, o amor, o odio, a envexa... e os humanos intentan obter favores destes deuses con súplicas, promesas e sacrificios.
Os estados monárquicos descritos por Homero, sofren unha crise social e política arredor de século VIII a.c. O feito de que as comunicacións fosen moito máis fáciles polo mar fixeron que os que non podían subsistir en terra dedicáranse á navegación fundando cidades nascostas da Xonia (Asia Menor), Sicilia e o Sur de Italia nas que van sucedéndose os cambios na organización socio-política. As monarquías son substituídas pola aristocracia ou goberno dos nobres e posteriormente por tiranías, e dicir polo goberno dun líder, que o é polo seu carisma, non por herdanza. As cidades dan lugar á polis, a cidade-estado, autárquica e autónoma. Baixo o goberno dos tiranos ecomo consecuencia do desenvolvemento do comercio e a industria artesá as polis adquiren unha gran prosperidade económica.
É nestas cidades, nas ricas polis marítimas de Xonia e o sur de Italia, onde se produce o xurdimento do pensar racional, o desenvolvemento da Filosofía. Estas polis, estratexicamente situadas, son un lugar de intercambio, non so comercial, senón tamén cultural. Aos portosda Xonia chegan persoas procedentes de Babilonia, de Exipto...con mitos e visións da realidade diferentes que permiten coñecer outras culturas e relativizar a propia.
O desenvolvemento do pensamento racional vese favorecido tamén polo feito de que Grecia non teña unha casta sacerdotal influínte vinculada a un poder político centralizado que defendera un dogma, un discurso relixioso pechado. A...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS