Comentario de texto historia 2 BACH

Páginas: 6 (1478 palabras) Publicado: 4 de enero de 2015
Comentario de texto
PAAU (LOXE) 2002. Opción 1

Os seguintes textos permiten a elaboración dunha composición que teña por tema central a evolución política durante o reinado de Fernando VII, entre 1814 e 1833. Mentres os documentos 1,3 e 4 sinalan o inicio de tres etapas ben diferenciadas, que debes identificar e caracterizar, salientando as diferenzas entre elas, o documento 2 exemplifica aforma de pronunciamento que frecuentemente adoptou a tensión entro o liberalismo e absolutismo, presente durante todo o reinado.
En 1789 comezou o reinado de Carlos IV que, debido ao seu carácter afable e débil, confiou o goberno do reino nas mans da súa muller; María Luísa de Parma. Tocoulle gobernar durante un período cheo de cambios e conflitos debidos, na súa meirande parte á RevoluciónFrancesa (1789), revolta que trouxo consigo as ideas da ilustración e, polo tanto, un espírito renovador e liberalista.
Durante o seu reinado nomeou a Manuel Godoy secretario de Estado que, dado que era moi ambicioso, foi coleccionando títulos e escalando socialmente a unha velocidade vertixinosa grazas, na meirande parte, á protección que lle ofrecía María Luísa.
Debido ás constantes guerras e, porconsecuente, aos excesivos gastos ocasionados por estas, durante o goberno de Carlos IV tiveron que realizarse numerosas reformas e incrementos dos impostos, descontentando paulatinamente desta maneira aos grupos privilexiados.
Ao mesmo tempo, Napoleón intentaba conquistar Gran Bretaña e, dado que non podía facelo so, recorreu a Godoy para aliarse con España e, xuntos, derrotar a Gran Bretaña ea Portugal (aliado desta). Sen embargo, nin ao pobo nin á Corte gustoulles este acordo xa que os franceses non se limitaban a pasar simplemente polas súas terras senón que se aproveitaban dos seus privilexios, forzaban ás mulleres, roubaban… Por outra banda, Fernando VII (fillo de Carlos IV) vía peligrar o seu reinado ao observar coma Godoy ía aumentando o seu poder, así que ideou un plansubversivo para facer abdicar ao seu pai, o Motín de Aranxuez (1808).
Napoleón considerou o dominio da monarquía española tras observar a situación existente dentro da familia real e, aproveitando a chamada de socorro por parte de Carlos IV, ofreceuse coma “negociador” entre ambos e obrigou a Fernando a devolverlle a coroa ao seu pai que, á súa vez, cedeu os seus dereitos a Napoleón, quen recompensouaos dous con grandes riquezas e posesións e cedeulle o reino de España ao seu irmán, Xosé I Bonaparte.
Durante o reinado de Xosé I, o malestar xeral foi aumentando cada vez máis xa que os españois non querían a un rei que non fose Fernando (a quen consideraban o seu lexítimo soberano). Organizaron guerras de guerrillas para botar aos franceses e, aínda que non tiveron moito éxito lograron algunhaque outra vitoria. Ao mesmo tempo, elaborouse a primeira constitución coñecida en España; a Constitución de 1812.
Esta, redactouse nas Cortes de Cádiz, unha nova institución de composición moi variada e, en moitos casos, controlada polos grupos dominantes tradicionais, creadas debido ao malestar xeral existente co fin de coñecer a vontade do país e impoñer as reformas que fosen necesarias. Adevandita constitución recollía numerosos decretos polos que se eliminaban as estruturas e os fundamentos xurídicos do Antigo Réxime e se establecía un novo modelo político, administrativo, social e económico inspirado nos principios ideolóxicos do liberalismo.
Dito documento posuía unha ideoloxía progresista, era moi ríxida e falaba dunha soberanía popular (liberalismo democrático); é dicir, faiseun censo e vota “toda” a poboación (sufraxio universal) e, no trocante ao poder, coexisten a monarquía e o parlamento (soberanía compartida). Contiña unha separación dos poderes: o lexislativo está en mans do rei; o executivo, tamén nas súas mans; e o xudicial, o cal se caracteriza polo seu carácter inamovible.
En 1814, despois de que os españois coa axuda dos ingleses botasen aos franceses e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • comentario de texto 2 de historia 2 bach
  • Textos Historia 2 Bach
  • historia 2 bach
  • Comentario de texto 2
  • Comentario De Texto 2
  • Comentario De Texto De Historia Económica
  • Treball De Història Comentari De Text
  • comentario de texto historia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS