Desenvolvemento Economico Espanol No Seculo 19

Páginas: 6 (1460 palabras) Publicado: 18 de mayo de 2015
Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre O
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO ESPAÑOL NO SÉCULO XIX, centrando a atención na
industria. Como punto de partida, o D.1 chama a atención sobre o contraste centro-periferia. O D.2
permite comentar as características do desenvolvemento ferroviario español, tanto no seu papel de
artellador do mercado interior como de incentivadorde diversas actividades económicas, mentres os D.3
e 4. atenden respectivamente a dous sectores clave, como son o siderúrxico e o textil. Por último, o D.5
complementa a información subministrada nos anteriores para realizar unha valoración global do
desenvolvemento decimonónico.

D. 1. En 1843, Jaime Balmes expoñía a escasa capacidade da capital do Estado para servir
de motor do desenvolvementoeconómico español:
“ Cabalmente temos en España un atranco gravísimo que inflúe máis do que se cre en paralizar o noso
desenvolvemento e en facer inútiles os mellores desexos. A vida de España está nas extremidades; o
centro está exánime, fraco, frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia,
varios puntos do mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que nonparticipa o corazón de
España. Londres é digna capital da Gran Bretaña, París, de Francia; na actividade, na vida da que
rebordan aquelas cidades vedes as indispensables condicións da cabeza dun gran corpo. En Madrid e en
tódolos arredores a longuísima distancia nada parello atoparedes. Nin agricultura, nin industria, nin
comercio”.

D.5. O historiador Gabriel
Tortella valora así o esforzoindustrializador na España do
século XIX:
“Hai no século XIX español un
número elevado de esforzos a prol
da modernización do país. Por unha
banda temos os esforzos privados da
clase empresarial catalana por crear
unha base industrial no principado.
Por outra están os repetidos intentos
progresistas por sentar as bases
políticas e lexislativas dunha
sociedade moderna,
é decir,
industrializada etecnificada. O
século XIX non foi en España de
absoluto estancamento: en Cataluña, e en especial en Barcelon, desenvolveuse unha notable industria; o
país levou a cabo a desamortización e a construcción da rede ferroviaria; reformouse a educación, o
sistema monetario e bancario, os impostos; instituíuse definitivamente o orzamento; sentáronse as bases
da industria siderúrxica, etc. Pero en total a tancacarexada revolución industrial non tivo lugar”.

Dende mediados do século XVIII en Inglaterra experimentouse un importante
crecemento económico iniciado cunha considerable renovación agraria. Este proceso
coñeceuse co nome de “Revolución industrial”.
Mentres que no último tercio do século XIX algúns países europeos iniciaban a
segunda fase desta revolución, España seguía a ser un país agrario condúas excepcións,
a do sector téxtil catalán e a siderurxia vasca.
As causas do atraso industrial español foron principalmente a falta de poder
adquisitivo da poboación e o excesivo proteccionismo.
Outros factores a destacar foron tamén as escasas transformacións no sector
agrario e a despreocupación polas innovacións técnicas, debido á mentalidade
conservadora da burguesía e da aristocraciaterratenente.
No documento 1 o autor, Jaime Balmes mostra a súa preocupación polo escaso
desenvolvemento de Madrid fronte ó auxe económico de Cataluña e do País Vasco, é
dicir, a periferia de España. Esto débese, en parte, ós obstáculos físicos , naturais e ás
malas comunicacións terrestres. Obstáculos que posteriormente se solucionarán
mediante a introducción en España do ferrocarril, símbolo de progresoe
modernización.
Sobre o ferrocarril trata o D. 2., un mapa que amosa as liñas ferroviarias
construidas entre 1848 e 1868. O primeiro paso en serio será a promulgación en 1855
dunha Lei xeral de ferrocarrís que regulamentaba o deseño dun trazado radial ( agás na
costa mediterránea e na zona do Ebro), o sistema de conexión e os apoios financieros
estatais. A construcción quedaba en mans do...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • A INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA NO SÉCULO XI1
  • Chile Siglo 19 Economico
  • milagro economico español
  • El español como activo económico
  • Situación económica de las familias españolas
  • modelos economicos de la española
  • La crisis económica española 2008
  • Crisis Economica Española

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS