Ecolingüística. Entre A Ciencia E A Ética

Páginas: 3 (746 palabras) Publicado: 26 de noviembre de 2012
Moure, T. (2001): Ecolingüística. Entre ciencia e ética (A Coruña: Universidade da Coruña).

Neste libro, Teresa Moure expón as bases da Ecolingüística, un novo paradigma centrado fundamentalmenteno estudo e defensa da heteroxeneidade lingüística, que contempla as cuestións sociolingüísticas dunha forma universal, entendendo a perda da riqueza lingüística como un problema global.
AEcolingüística parte da visión das linguas como sistemas mediante os cales representarmos o mundo, e polo tanto a perda dun idioma supón a desaparición dun xeito único de comprender o mundo. A morte dunha linguadebe ser comprendida como perda dun código, pero tamén como empobrecemento da diversidade cultural. Na lingüística e na educación non se acostuma a afondar na idea de linguaxe, senón que a lingua seconsidera como unha ferramenta vehicular, un instrumento co que transmitir os coñecementos.
Por outra banda, destaca a tendencia evidente á substitución lingüística en contextos de bilingüismo socialcunha lingua dominante ou de prestixio, o que en moitos casos supón o abandono da lingua materna a favor doutra lingua. Entre os indicios que evidencian a morte dunha lingua, atópanse os seguintes:descenso de uso nos falantes de menor idade, grao de inseguranza gramatical , léxica e narrativa, tendencia á ritualización dos usos, e a tendencia ás interferenzas coa lingua en contacto. Á súa vez, aautora Skutnabb-Kangas sinala a escola como un dos principais axentes homoxeneizadores e de extinción de linguas no mundo.
O plurilingüísmo debería consistir no respecto das minorías, mais narealidade moitas linguas están a esmorecer debido á presión exercida polo contorno social, político ou económico, que forza o cambio a unha lingua/cultura dominante. Deste xeito, a xente vai gañandocompetencias na nova lingua co afán da suposta utilidade práctica, aínda que conservando ao mesmo tempo a súa lingua materna.
O problema dáse cando estas persoas deixan de transmitir a súa lingua...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ciencia y etica
  • la ciencia etica
  • moral y ética, ciencias de la ética,
  • Ética en la ciencia
  • Ciencia y etica
  • La etica en la ciencia
  • Etica De La Ciencia
  • ciencia y etica

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS