Esto es

Páginas: 3 (541 palabras) Publicado: 13 de diciembre de 2014
A POESÍA ENTRE 1936 E 1975: A XERACIÓN DO 36, A PROMOCIÓN DE ENLACE E A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS
A recuperación do labor cultural e literario interrompido pola ditadura iníciase no ano 1947coa publicación de Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia e sobre todo no ano 1950 coa fundación da editorial Galaxia. A censura instaurada provoca que saian á luz as obras de tres xeracións diferentes: aXeración do 36, a Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais.
A Xeración do 36 son poetas nados entre 1910-1920, polo tanto viviron a guerra de novos, un tema presente nas súas obras.Continúan as tendencias de poesía de preguerra (hilozoísmo, neotrobadorismo e paisaxismo de Noriega Varela) e transmiten ós novos poetas o espírito da Xeración Nós. Paulatinamente foron incorporandooutras tendencias como o intimismo radical, o clasicismo ou a poesía socialrealista. Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, María Mariño, Díaz Castro, Iglesia Alvariño e outros poetas son os queconforman esta xeración.
O socialrealismo foi que a corrente que dominou ata os anos 70. As primeiras mostras de denuncia social danse no exilio con Luis Seoane e con Lorenzo Varela, pero é apublicación de Longa noite de pedra (1962) de Celso Emilio Ferreiro a que se considera a data de inicio deste xénero. Ademais a tradición literaria galega xa contaba con poesía social dende o Rexurdimento(Rosalía, Curros e Cabanillas cultivaron poesía social). É unha poesía de denuncia (da explotación dos traballadores, do imperialismo, da falta de liberdade...) que pretende chegar ó pobo, polo que alinguaxe empregada é pouco literaria.
A Promoción de Enlace son poetas nados entre 1920-1930, polo que padeceron as penurias económicas e a pobreza cultural e ideolóxica da posguerra. Como foroneducados en castelán, comezan a escribir nesta lingua. A súa poesía é o reflexo tráxico da persoa que sobrevive nunha autarquía económica e belixerante ante todo o estranxeiro. Antón Tovar, Luz Pozo,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS