fdegtreyutruty

Páginas: 2 (299 palabras) Publicado: 8 de noviembre de 2014
Dispóis, nas Pampas arxentinas, apurráronlle todos os cans, cando aínda non
sabía gobernarse na soedade dos campos sen camiños. E moito padecéu para
deprender a encararsecos homes, rillando as ganas de chorar.
A troco de anacos do espírito Bieito conquiréu un sentido novo e traballando sen
acougo ganóu riquezas dabondo. Casóuse, nascéronllefillos e prendéuse en terra
allea.
Os trafegos da súa vida non lle deran lecer para lembranzas sentimentaes e foi ao
cabo de trinta anos de loita cando Bieito alentóu forte epudo virarse cara o
pasado. E neste punto a morriña metéuselle na caixa do peito.
Cacheando nos currunchos da memoria as farraspiñas esquecidas do seu ledo vivir de neno,Bieito sempre remataba pensando no ichaviño que deixara gardado
no curuto do monte. E non podendo vivir máis tempo sen visitar os eidos nativos
metéuse nun barco e chegóu áTerra.
As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselos, os fieitos e todas as
cousas que ía topando no camiño enchían de ledicia o seu corazón. Cando chegóu
aocuruto do monte os ollos revíanlle felicidade. No mesmo sitio en que o deixara
encontróu o ichaviño, e non hai parolas no mundo que poidan darvos idea da
emoción de Bieito naquelintre. Dispóis marchóuse cabo dos fillos.
Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha
mágoa na ucha do peito.EU NON TEÑO MÁGOA do picariño quemira con ollos encalmados de boi cando
os automóviles pasan pola súa porta. Eu non teño dor do picariño que non corre
detrás dos automóviles. Fame que pase o picariño,sempre será feliz.
Eu teño mágoa do rapaz que sinte formigueiros nos pés cando os automóviles
pasan pola súa porta. Eu teño dor do pícaro que corre detrás dos automóviles. Os
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS