FIDELIDADE

Páginas: 9 (2248 palabras) Publicado: 9 de noviembre de 2015
FIDELIDADE
Ben é certo que, segundo Pitágoras e Platón, a Moderación, a Orde e a Harmonía eran virtudes que debían de conter todos os individuos do Estado, tanto varóns como mulleres. Porén, ínstaselle moito máis ás mulleres que chegues a conseguilas. Polas súa banda, outras virtudes moito máis propias do ámbito feminino terían que ser a Decencia, a Discreción (sempre desenrolada no ámbitofamiliar e doméstico, por suposto), e a xa mencionada Fidelidade ao home entre outras . Esta última, fálanos á perfección da situación da muller na sociedade helénica. Situación que se pode observar moi ben nas obras tráxicas da literatura grega nas que se pode dicir que permiten intuír unha clara represión feminina.
A Fidelidade propiamente dita é definida en certos artigos como “A capacidade, opoder, ou a virtude de cumprir as promesas. Tendo o fiel que cumprir a promesa realizada aínda que cambien os seus ideais; o que cumpre fielmente faino consciente e voluntariamente”
Non obstante, non existe no matrimonio grego a esixencia de fidelidade recíproca do discurso cristiá; o contraer matrimonio non liga ao marido e a categoría de adulterio é algo pertinente unicamente á esposa, aínda que ohome debe respectar a unha muller casada en tanto pertence a outro home. É interesante que fose menor o castigo por violar á muller de outro home que por seducila, xa que no primeiro caso tan só se tería tomado o seu corpo, mais no segundo teríase gañado a súa alma.

PROSTITUCIÓN
A prostitución foi, dende a Época Arcaica, unha actividade común na vida cotiá das cidades gregas máis relevantes.Particularmente nas zonas portuarias, posto que daba traballo, de forma legal, a un número significativo de persoas, constituíndo unha actividade económica de primeiro nivel. Era exercida tanto por homes xóvenes como por mulleres de todas as idades, mais a clientela era maioritariamente masculina.
A naturalidade con que se percibía a prostitución feminina ponse de manifesto na seguinte cita dopseudo-Demóstenes1 (Contra Neera, 122; siglo IV a. C.):
“Temos ás cortesás pra o pracer, ás concubinas pra propiciarnos coidados diarios e ás esposas pra que nos dean fillos lexítimos e sexan as fieis gardiás da nosa casa casa...”
Esta tolerancia era percibida, por exemplo, en que aínda que as leis reprobaban moi severamente as relacións fora do matrimonio cunha muller libre, no sentido de cidadásolteira, non ocorría o mesmo cando o marido recorría aos servizos dunha hetera ou introducía no fogar conxugal unha concubina. Ao ser case inexistentes os matrimonios por amor, xa que adoitaban ser, como xa foi mencionado anteriormente, un contrato entre dúas familias, os homes procuraban os praceres sexuais fóra de casa.
Polo que respecta á existencia dunha prostitución feminina con destino ás mulleres,está mal atestiuada. Asimesmo, o Aristófanes do Banquete de Platón, fai mención das hetairístriai no seu célebre mito do amor. No cal di que as mulleres descendentes das mulleres primitivas non teñen gran gusto polos homes, preferindo pois ás mulleres, e sendo estas chamadas as hetairístriai. Suponse que se trata de prostitutas que se dirixen a unha clientela lésbica.

As prostitutas gregaspertencían a diferentes categorías, dependendo de diferentes factores relacionados co seu traballo:
As pornai
As pórnai, «vendida», eran, normalmente, escravas propiedade dun pornoboskós ou proxeneta, literalmente o «pastor» das prostitutas. Este podía ser un cidadán para o cal ese negocio constituíra unha fonte de ingresos como calquera outro e polo que tiña que pagar un imposto proporcional aosbeneficios que lle xeraba.
Na época clásica,son escravas de orixe bárbaro; mais a partir do período helenístico, incorpóranse ao gremio moitas xóvenes escravas, que deixarían de selo unicamente cando fosen adoptadas polo seu amo.
Desenrolaba o seu traballo nos prostíbulos, xeralmente, nos barrios coñecidos por esta actividade, tales como O Pireo, porto de Atenas, ou o Cerámico de Atenas. Son...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS