Gallego.Historia

Páginas: 8 (1902 palabras) Publicado: 20 de febrero de 2014
EXAME GALEGO

Historia da lingua ata a Idade Media

-Período prerromano: Séculos previos á chegada do latín. Galicía era un conxunto de pobos mesturados, sen cultura, sen unidade lingüística e cultural, sen cohesión política, e con frecuentes enfrontamentos entre eles. As linguas desa época chámanse linguas prerromanas. A chegada do latín marca o comezo dun proceso de asimilación cultural.As linguas prerromanas irán desaparecendo paulatinamente, aínda que no latín quedarían trazos desas linguas.

-Romanización: Proceso histórico de incorporación dos pobos ibéricos ao mundo romano. Esténdese desde a chegada das lexións romanas (séc. III-II a.C.) ata a desaparición do Imperio Romano (séc. V). Foi un proceso gradual que non se realizou simultáneamente en toda a Península. A deGallaecia ten tres momentos:
·Ata fins do séc I a.C.: Hostilidade contra o pobo invasor por parte das tribos autóctonas.
·Desde o 29 a.C. ata o séc. III: A poboación comeza a manifestar o desexo de aspirar á cidadanía romana. O latín vólvese a lingua de prestixio e aparecen as primeiras inscripcións latinas
·A partir do séc. III: O latín vulgar é a única lingua oficial en todo o territorio.Maniféstanse os primeiros síntomas de debilidade do Imperio.

Superestratos

Entre o séc. V e o IX naceron, como evolución do latín, as actuáis linguas peninsulares, menos o vasco. Neste tempo producíronse migracións que deixaron influencias na lingua: son os superestratos.

·Xermánico: Non se sabe a que lingua xermánica pertencen os trazos que conservamos destes pobo, pero si sabemos que xaestaban latinizados cando chegaron. Os suevos estiveron en Gallaecia, e formaron o primeiro reino europeo, o reino galego dos suevos. Despois estiveron os visigodos. Ao superstrato xermánico atribuímoslle:
-Antropónimos.
-Topónimos: Acabados en –ar, -mil,-monde,-riz…
-Léxico referente á guerra e aos costumes.

·Árabe: A invasión árabe precipitou o proceso de formación do galego-portugués. Tiñanunha cultura moi avanzada, e deixáronnos trazos da súa lingua en varios campos:
-Agricultura e gandería
-Construción
-Administración
-Ciencia
-Topónimos
-Expresións e interxeccións.


Idade Media

Esténdese entre os séculos V e XV, e divídese en dous períodos:

·Alta Idade Media (séc. V-mediados do séc IX). Período marcado inicialmente por unha economía de subsistencia, predominantementeagraria, pola perda da unidade política e administrativa que representara o Imperio Romano, e polas constantes guerras e invasións. Aparece o feudalismo. A cultura localizase nos mosteiros.

·Baixa Idade Media (mediados do séc. IX- finais do séc. XV). Maior protagonismo da burguesía debido ao desenvolvemento da producción artesanal e comercial. Foi un período de conflictividade militar.
EnGalicia comezaba unha etapa de esplendor a todos os niveis, durante a cal Galicia exerce un predominio político sobre outros territorios. A partir do reinado de Fernando III perde ese privilexio a favor do reino de Castela.
O sistema estamental básico estaba constituído pola nobreza, que tiña extensas propiedades, certos privilexios e participaba na guerra; o clero, que tamén tiña privilexios, eposuía a cultura; e o campesiñado, que se ocupaba do traballo do campo e estaba sometido ao pagamento de rendas. Tamén había grupos marxinados.
O desigual reparto da riqueza deu lugar a conflitos sociais, sobretodo entre os séculos XIV e XV, unha época de crise.
A sociedade europea está dominada pola intolerancia relixiosa e o espírito de cruzada imposto pola Igrexa. Como reflexo do predominiorelixioso, en Galicia construíronse moitos mosteiros. Compostela pasou a ser un dos centros de peregrinación máis importantes.
En canto á economía, o home medieval vive en malas condicións, que mellorarán entre os séc. XI-XIII. Pero no séc. XIV éntrase nunha profunda crise que non se superará ata a segunda metade do séc. XV.
A cultura europea florece sobretodo durante a Baixa Idade Media....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS