gbafdoigj

Páginas: 7 (1698 palabras) Publicado: 8 de febrero de 2015


LINGUA E LITERATURA GALEGA 2 BACH. CURSO 2014-2015
APUNTES DE SOCIOLINGÜÍSTICA

TEMA 3 : A lingua galega entre 1936 e 1975

1.Contexto demográfico, económico e social

O levantamento militar de Franco deu lugar a unha guerra que duraría tres anos(1936-1939),aínda que en Galiza triunfou rapidamente e polo tanto a ditadura franquista instálase dende un principio. En Galiza odesenvolvemento da guerra presenta catro características específicas:

Non existiu unha fronteira bélica propiamente dita no espazo territorial galego.
A represión desatada pcincolo bando franquista foi planificada e brutal logrando instaurar un verdadeiro réxime de terror.
Galiza funcionou como despensa para as hostes franquistas en forma de alimentos, roupa, diñeiro, soldados, etc. O que agravou asituación de enorme penuria ata ben avanzada a posguerra:foron os “anos da fame”.
Existiu unha resistencia popular armada, en forma de “guerrilla”(Foucelas, Gayoso, Piloto), que actuou en determinadas zonas do país, ata os anos 50.

En poucos lugares do Estado deuse unha represión tanf ezoa como en Galiza. Fusiláronse máis de oitocentas persoas, entre eles Alexandre Bóveda, e ao redor de cincomilleiros de persoas foron asasinadas nos denominados “paseos”. Figuras emblemáticas na cultura galega como : Anxel Casal (propietario da editorial “Nós” e alcalde de Santiago), Camilo Díaz Baliño(pintor), Vítor Casas(director da Nosa Terra), Roberto Blanco Torres( xornalista), Xaime Quintanilla(dramaturgo e alcalde do Ferrol),Johán Carballeira (xornalista, poeta e alcalde de Bueu). MatíasUsero(xornalista), UrbanoR. Moledo(dramaturgo) foron algunhas das vítimas.

As saídas ao panorama foron: o exilio , fuxir ao monte, esconderse durante anos, tratar de pasar desapercibido ou simplemente arranxar un castigo máis ou menos benigno a cambio de aceptar a nova situación. Os que sobreviviron quedaron totalmente silenciados. Son os tempos da Longa noite de pedra , como dixo Celso EmilioFerreiro.

O novo réxime ditatorial foi lograndro apoios como o da Igrexa e utilizou institucións como o “Sindicato Vertical”. Os pactos de Franco cos EE.UU. nos anos 50, garantiron a continudade do réxime. As transformacións económicas dos anos 60 feriron de morte o mundo labrego tradicional, supuxeron a instalación de industrias de enclave (encoros, celulosas, térmicas….)e provocaron unha novacorrente migratoria car aos países centroueuropeos. Todo isto combinouse, no plano político, cun afán represor e uniformizador, que tentaba eliminar calquera caste de oposición ou disidencia.

O Partido Galeguista foi vítima desta situación ao ficar na clandestinidade. Un pequeno núcleo de superviventes organizado arredor da figura de Ramón Piñeiro decidiu, disolver como tal a organización e centrar otraballo no campo cultural, en contra da opinión dos que estaban no exilio como Castelao. Neste contexto nacerá a Editorial Galaxia. Na década dos 60 crearán dous partidos nacionalistas e de esquerda o Partido Socialista Galego (PSG,1963) e a Unión do Pobo Galego (UPG,1964)que disputarán co PCE a loita antifranquista galega.

2.Situación do idioma Galego.

O castelán será o único vechículo decomunicación real e oficial para a Igrexa, a escola, a Administración e os medios de comunicación do novo Estado xurdido da guerra. Aínda que poida aparecer un texto en galego será con carácter excepcional. Con todo o galego sigue sendo o idioma máis falado en Galiza. Os niveis de poboación monolingüe en galego fan imposible a persecución do galego como lingua familiar e coloquial no ámbitorural.

3. Evolución do conflito

Durante os corenta anos de franquismo o proceso de desgaleguización experimentou unha intensificación e aceleración sen precedentes. Esa dinámica ponse de manifesto en catro fenómenos:
Un considerábel incremento do uso do español entre a poboación dos núcleos urbanos e vilegos;
Unha importante penetración do español no mundo rural, ata entón practicamente...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS