Geografía selectividade sector servizos

Páginas: 3 (629 palabras) Publicado: 8 de mayo de 2013
Tema 3: España unha economía de servizos

O sector Terciario ou de servizos comprende unha ampla variedade de actividades que teñen en común non producir bens materiais,senón satisfacer asnecesidades da poboación e das empresas.
Dende as 3 últimas décadas, España ten unha economía na que o sector terciario supón máis dos 2/3 dos empregos. A tendencia é que esta proporción aumente nospróximos anos polo que se adoita afirmar que España vive un proceso de Terciarización da economía. Este proceso é recente e está relacionado coas perdas de ¿poboación activa? dedicada ó primario ou áIndustria e tamén coa crecente incorporación da muller ao emprego.

As principais características que definen ao sector terciario son:

Actividades intanxibles e inmateriais. O que se ofrece e se valoraé a calidade da prestación que se realiza, por exemplo, un servizo medio ou unha asesoría.
Actividades imposibles de almacenar. Os servizos préstanse cando son necesarios ou requiridos, polo que seadoitan localizar preto dos posibles usuarios.
Actividades moi diversas. Desde administracións públicas, servizos financeiros, comerciais, culturais, sanitarios e educativos, dirección,administración e asesoría de empresas,
É un sector que abrangue dende grandes empresas con milleiros de traballadores a pequenos empresarios.

As causas da terciarización están relacionadas coas transformaciónsque viviu a sociedade española nas últimas décadas e son as seguintes:

1. É unha sociedade de consumo na que o aumento do nivel de vida elevou a capacidade de compra.
2. É unha sociedade dobenestar na que aumentou a oferta de servizos sociais (educativos, sanitarios...) tanto desde o sector público como o privado.
3. É unha sociedade de ocio na que aumentou a importancia do turismo e dosservizos vinculados a el.
4. É unha sociedade capitalista avanzada na que o sector financeiro e de seguros ocupan un lugar destacado tanto no relativo ás empresas como no nivel familiar.
5. É unha...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Geografia sector terciario
  • sector terciario Geografia
  • geografia sectores
  • Geografía, Sector Secundario
  • Geografia chuleta sector terciario
  • Geografia sector agrari a catalunya
  • geografía económica. Sector servicios
  • Geografia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS