Geografía

Páginas: 16 (3932 palabras) Publicado: 26 de mayo de 2014
TEMA 7: Os movementos migratorios.

Os movementos migratorios diferéncianse considerablemente dos desprazamentos habituais polas súas causas, as súas manifestacións e as súas consecuencias: non son simples movementos cíclicos, de débil duración, ligados aos xéneros de vida das poboacións, senón movementos definitivos ou de duración bastante longa que constitúen xeralmente unha ruptura na vidados migrantes e que teñen na maioría dos casos unha motivación económica manifesta. Están ligados ás desigualdades interrexionais que caracterizan ás poboacións do mundo. Constitúen en certo xeito unha resposta aos desequilibrios espaciais que non deixaron de desenvolverse desde o comezo da revolución industrial.
O termino migración aplícase a unha forma particular de mobilidade: “osdesprazamentos que provocan a instalación nun lugar distinto ao de orixe e que se acompaña dun cambio de lugar de residencia habitual”.
Por mor das súas múltiples implicacións económicas, sociais e políticas, as migracións atraeron desde hai moito tempo a atención dos investigadores en ciencias sociais e suscitaron un numero de publicacións moi elevado.
Os movementos migratorios son case tan antigos como ohome. No curso da historia sucedéronse numerosos movementos migratorios de distinto tipo, con grandes repercusións para a poboación. A amplitude dalgúns movementos migratorios ha modificado moi profundamente a demografía e a economía do país de saída e do país de chegada.
Pero a migración non é un movemento natural no sentido que os son a natalidade ou a mortalidade. Todos nacemos e todosmorreremos, pero non todos migramos; en moitos casos os migrantes son unha minoría.

1. A migración: un fenómeno demográfico e socialmente efectivo.
A migración é un fenómeno selectivo que actúa como un filtro. A relación entre idade e intensidade migratoria é clara. A mobilidade está ligada ao ciclo da vida das persoas: mozos (mobilidade universal): paso a idade adulta, novo papel social e familiarque pode levar consigo cambio de residencia: abandono de fogar paterno, formación de novo fogar, formación de parella, estudos, procura de emprego, en xeral hai sobrerrepresentación dos mozos entre os migrantes.
Adultos novos: parellas con fillos que buscan outra residencia (máis grande, máis barata, con determinadas características).
Persoas de idades avanzadas (países desenvolvidos) cambio deresidencia tras xubilación: volver a lugar de orixe, ir residir xunto a fillos, desprazarse a lugar “atractivo” como os destinos no Mediterráneo, ou ir a unha residencia.
No relativo ao sexo a migración adoita considerarse maioritariamente masculina, pero os dous sexos están afectados. Pode haber diferenzas: practicas matrimoniais: en sociedades tradicionais matrimonios exógamos que impliquen osdesprazamentos do esposo/á vivir coa familia do cónxuxe.
Diferenzas ligadas ao traballo. Variables segundo as sociedades (se a muller está circunscrita á esfera domestica emigran máis os homes).
Migracións ligadas tamén a desigualdades económicas entre diferentes espazos (os que saen non son os máis desfavorecidos: necesitan diñeiro, coñecementos).

2. Clasificación das migracións.
A granvariedade de formas de mobilidade obriga a facer unha clasificación. A clasificación pode ter en conta a duración (pódese distinguir os movementos que teñen un carácter estacional ou temporal dos que son definitivos ou de longa duración). Pode ter en conta a distancia (diferenciando os de pequena distancia, media ou gran distancia ou ben os movementos intraurbanos, intrarrexionais ou internacionaisou tamén as migracións internas ou externas). Pode ter en conta tamén o grao de liberdade das persoas que se desprazan (pódese falar así de movementos libres, selectivos planificados ou forzados). A clasificación pode ter en conta tamén a causa esencial de cambio de lugar (pódese contemplar así os movementos ligados ao traballo, ao retiro, ao recreo/lecer).
Certamente, é interesante coñecer a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Geografia
  • Geografia
  • Geografia
  • Geografia
  • Geografia
  • Geografía
  • Geografia
  • Geografia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS