ghgh

Páginas: 7 (1557 palabras) Publicado: 19 de noviembre de 2013
DIARIO DE MALDITO D.N.I
Día 1 - 31 de Outubro:
Hoxe, día 31 de Outubro, empecei a ler o libro titulado Maldito D.N.I de Pepe
Carballude. Non puiden empezar a ler o libro antes debido a que na librería na que o
encarguei non o puideron conseguir ata onte.
Deume tempo a ler os dous primeiro capítulos nos que Olimpio Montes, biólogo
de profesión, fala co médico Conde Conde para pedirlle unenorme favor. Olimpio,
quería que o doutor lle asinase o certificado de defunción para así poder desaparecer
e vivir libremente sen ter que depender de ningún papel, como o D.N.I aínda que o
doutor négase. Cando a muller de Olimpio, Leonor, chega a casa, atópase con que o seu
marido desaparecera e esta comeza a realizar chamadas para investigar a
desaparición. Máis tarde, Montes atopa o númeromédico do seu pai e asina a súa
morte. A través dun mensaxeiro manda o certificado de defunción ao Rexistro Civil de
Donobega. O home encargado do seguro de vida de Olimpio Montes estaba no Rexistro
Civil e decatouse do ocorrido polo que non tardou moito en dicirllo a Leonor. Cando
esta chegou a casa, esperáballe unha carta express do seu marido na que dicía que non
estaba morto, que todo eraunha farsa para poder vivir en liberdade.
Atopei moito léxico descoñecido nestes dous primeiros capítulos e o busquei
nos diccionarios da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega:
• Abofé (páxina 9): é un adverbio que quere dicir con certeza.
• Arraiar (páxina 10): é un verbo que quere dicir brillar, resplandecer...
• Ricto (páxina 12): é un substantivo que presenta unhacontracción dos labios
semellante a un sorriso forzado.
• Hilaridade (páxina 13): é un substantivo que expresa unha explosión de risa.
• Encol (páxina 15): é un adverbio que quere dicir sobre, encima...
• Ciumenta (páxina 19): é un adjetivo sinónimo de celoso.
• Galistrar (páxina 22): é un verbo sinónimo de rebuscar, curiosear...
• Bisbar (páxina 29): é un verbo que quere dicir falar en voz baixa, casesen abrir a
boca, de xeito que só se perciba o son dos eses.
• Grolo (páxina 31): é un substantivo que expresa unha bóla que se forma nun líquido ao
callar.

Santi López-Silvarrey Montero 4ºB Nº13

Día 2 - 7 de Novembro:
Hoxe, día 7 de Novembro, continuei coa lectura do libro. Pasaron sete días
desde que lin os capítulos anteriores xa que tivemos ponte polo Día de Todos os
Santos equixen relaxarme e non pensar moito nos estudos. Só deume tempo a ler o
capítulo seguinte xa que empecei a estudar un exámen de francés que teño este
venres e non tiven moito tempo.
Neste tercer capítulo, Leonor escolle un ataúde dos que lle recomenda o señor
do seguro de vida e lle pon un peso similar ao do corpo de Montes no interior para
disimular. Máis tarde, moita xente pasa pola súa casapara darlle o pésame. O doutor
Conde empeza a sospeitar porque nota que Leonor se comporta de forma estraña e ó
final do capítulo celébrase o funeral de Montes, no que teñen algún problema co
tamaño do ataúde, aínda que o solucionan rapidamente.
Neste capítulo tamén atopei palabras que non coñecía e busqueinas no mesmo
fontes que nos capítulos anteriores:
• Cadaleito (páxina 38): é unsubstantivo que quere dicir o mesmo que ataúde.
• Rauto (páxina 41): é un substantivo sinónimo de arrebato.
• Badalar (páxina 47): é un verbo que expresa a acción de dar golpes a unha campá.
• Nicho (páxina 49): é un substantivo que nombra á cavidade feita nun muro ou parede
para sepultar un cadáver.

Día 3 - 13 de Novembro:
Hoxe, día 13 de Novembro, lin os dous seguintes capítulos. Custoume moitoconcentrarme na lectura xa que na casa de á beira estaban dando marteladas, pero no
momento que pararon, aproveitei ao máximo este día de lectura.
Nestes capítulos, Conde vai falar co home do seguro de vida de Montes e pídelle
o certificado de defunción. Confirmando as súas sospeitas, descobre que o médico que
o asinou non lle soa, e iso é realmente estraño. Ademais, o número de...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ghgh
  • Ghgh
  • ghgh
  • ghgh
  • ghgh
  • Ghgh
  • ghgh
  • ghgh

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS