Interpretación no mundo dos negocios

Páginas: 32 (7807 palabras) Publicado: 7 de mayo de 2014



A INTERPRETACIÓN NOS NEGOCIOS









ÍNDICE




1. INTRODUCIÓN

1.1 Historia
A orixe da interpretación está moi ligada ó desenvolvemento do comercio e á difusión das diferentes culturas. Na antigüidade entendíase que o interpres era unha persoa que acompañaba a outra ó estranxeiro e que na práctica facía ás veces de intermediario lingüístico e cultural. Ó igual queagora, a práctica da interpretación posibilitaba unha comunicación directa e fluída entre dúas ou máis persoas que falaban distintas linguas e procedían de culturas diferentes nun contexto físico determinado e ó servizo duns fins concretos. As diferenzas culturais entre os interlocutores, así como o obxectivo da comunicación e o ambiente no que esta se produce son elementos fundamentais que seconverten en valores engadidos en mans dun profesional.
O grego, o latín e o arameo foron as linguas internacionais ó servizo das elites económicas, políticas e relixiosas dende a antigüidade pero, entre os séculos XVIII e XIX, o francés converteuse no idioma da diplomacia. O inglés adquire a mesma consideración no século XX, durante o período de entreguerras. Ó remate da segunda guerra mundial, pormotivos evidentes prodúcese o ascenso do ruso e do alemán.
Os primeiros intérpretes eran diplomáticos ou funcionarios gobernamentais que coñecían varios idiomas. Foi  a partir dos xuízos de Nuremberg cando se comezou a formar ós tradutores par desempeñar esta función, práctica que herdaría a ONU. Pouco despois creáronse as primeiras Escolas de Intérpretes: Xenebra, París, Bruxelas, etc. Hoxe en díaexisten numerosas escolas de intérpretes en toda Europa, unhas son escolas superiores de nivel universitario ou facultades que combinan materias xerais (xeografía, historia, dereito, economía) con idiomas (fonética, gramática, lingüística, tradución) e materias de interpretación (consecutiva, simultánea e tradución á vista). Outras imparten cursos de posgrao para os estudantes que acrediten terconseguido estudos universitarios e coñezan varios idiomas.
Neste momento para ser intérprete hai que matricularse nunha carreira , aínda que en España a inmensa maioría destas, mesturan a tradución e a interpretación, cando en realidade trátase de carreiras moi distintas, pero cunha base común, unha céntrase na palabra escrita e outra na oral, requirindo calidades diferentes. O mellor seríaseparar as dúas carreiras, polo menos dende o terceiro ano como se fai en moitas escolas prestixiosas, ademais en España apenas se dan unhas poucas horas de interpretación, segundo os programas de ensino actuais.
Outro punto importante é o ensino nas escolas dos idiomas de toda a vida como o francés, alemán, inglés ou o italiano, aínda que é moi importante coñecer polo menos dúas destas linguas o quemarca a diferenza e o que é preciso é o ensino das linguas deficitarias ou exóticas: finés, neerlandés, sueco, danés, grego, polaco, húngaro, etc.

1.2 Principais características do intérprete
Entre os requisitos que debe reunir un aspirante a intérprete contan os seguintes:
Dominio da lingua activa: por moito que se coñezan as linguas estranxeiras se non se domina ben a propia non se poderátransmitir axeitadamente a mensaxe. O intérprete poderá entender o que di o orador, pero a el non lle entenda o seu cliente. O intérprete como o periodista, ó estar en contacto con linguas estranxeiras, ten que ter especial coidado cos anglicismos e galicismos principalmente. Ademais este ten unha responsabilidade especial como posible canle de transmisión de estranxeirismos e calcos indesexables.Bo coñecemento das linguas pasivas: para interpretar é necesario un bo coñecemento das linguas de traballo. se non entendemos a mensaxe con todos os seus matices, non podemos transmitilo a quen nos escoite.
Boa memoria para almacenar inxentes cantidades de vocabulario en linguas estranxeiras e para poder facer unha boa interpretación consecutiva con o sen toma de notas. Contrariamente ó que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • " MIS DOS MUNDOS "
  • Un Mundo De Dos
  • entre dos mundos
  • ENTRE DOS MUNDOS
  • Entre dos mundos
  • Entre dos mundos
  • Dos Mundos
  • ENTRE DOS MUNDOS

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS