JOW1DXI

Páginas: 10 (2258 palabras) Publicado: 8 de diciembre de 2014
A CAÍDA DO ANTIGO RÉXIME (1789−1791)
REUNIÓN DOS ESTADOS XERAIS (1789)
Ó longo do século XVIII, os gobernos franceses foron acumulando un crecente déficit que só solucionaban
pedíndolles máis créditos ós banqueiros.
Por fin, o goberno de Luís XVI (1774−1792) decidiu afronta−lo problema esixindo ós privilexiados, nobreza e
clero, que aceptasen pagar máis impostos ( un deles subvenciónterritorial). Pero estes negáronse e esixiron
que, para resolve−lo problema do déficit público, se convocasen os Estados Xerais.
Nos Estados Xerais participaban a nobreza, o clero, os burgueses e os representantes do Terceiro Estado.
A idea central da burguesía era que, posto que eles representaban o 80% da poboación francesa, era a eles a
quen lles tocaba dirixi−la asamblea.
Reunidos os EstadosXerais (maio de 1789), axiña se produciu o enfrontamento entre o rei xunta os
privilexiados, que só querían falar do déficit, e os representantes do Terceiro Estado, que dogoiraban
transformar o sistema político.
A OBRA DA ASAMBLEA CONSTITUÍNTE. ELIMINACIÓN DO ANTIGO RÉXIME (1798−1791)
Os acontecementos que se produciron entre xuño de 1789 (xuramento do xogo da pelota) e o 14 de xullo do
mesmoano (asalto á Bastilla) transformaron os Estados Xerais nunha Asamblea Constituínte.
Formaban parte desta asamblea os representantes do Terceiro Estado e unha parte do clero e nobreza. O seu
obxetivo era a destrucción do Antigo Réxime; por este motivo unha parte dos representantes do clero e da
nobreza rexeitaron integrarse nela.
O primeiro documento que elaborou a Asamblea foi a DeclaraciónUniversal de Dereitos do Home e do
Cidadán (agosto de 1789), no que se establecen os dereitos políticos que teñen tódolos habitantes do país.
Estes dereitos son: igualdade ante a lei, liberdade política fronte ó poder do Estado e defensa da propiedade
privada.
Co recoñecemento da igualdade ante a lei eliminábanse os privilexios do clero e a nobreza.
A CONSTITUCIÓN CIVIL DO CLERO
A AsambleaConstituínte tratou a situación do clero francés cunha serie de reformas drásticas:
O clero regular (frades e monxas) foi suprimido e tódalas súas propiedades pasaron ás mans do Estado.
O clero secular (bispos, cóengos, cregos) perdeu as súas propiedades expropiadas polo Estado. Pero non foi
suprimido: seguía exercendo as súas funcións aínda que con importantes cambios.
Esta reorganización doclero fixouse nun documento elaborado pola Asamblea Constituínte en 1790; a
chamada Constitución Civil do Clero.
O clero secular dividiuse en dous grupos: o dos que aceptaron a nova situación e o dos que a rexeitaron. Estes
últimos, chamados refractarios, foron apoiados por unha parte da poboación. As autoridades comezaron a
1

persegui−los refractarios, considerados inimigos da revolución.
AMONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1791−1792)
O NOVO SISTEMA POLÍTICO. A CONSTITUCIÓN DO ANO 1791
A obra máis importante da Asamblea Constituínte foi a elaboración dunha Constitución que comezou a rexer
en 1791. A nova Constitución baseábase no concepto da soberanía nacional. Segundo este principio a
soberanía estaba en mans da Nación constituida polos habitantes do país, cidadáns.
A novaConstitución establece a división de poderes en Francia:
• O poder lexislativo teno unha Asamblea Lexislativa que representa á Nación. Esta Asamblea elabora e
aproba as leis, os impostos e o orzamento do Estado. Fórmana os representantes elixidos polos cidadáns
activos (homes mayores de idade que pagaban a partir dun certo nivel de taxas).
Con este sistema electoral, chamado sufraxio censitario, queexclúe as mulleres e os homes de condición
económica modesta, a burguesía aseguraba o control do poder lexislativo.
• O poder executivo conservábao o rei, que tiña liberdad para escolle−los ministros que formarían o goberno
encargado de facer cumpri−las leis.
• O poder xudicial estaba nas mans dos xuíces elixidos polos cidadáns, entre persoas expertas en leos, e
pagadas polo Estado. Tamén se...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS