la mujer en la antigua Grecia

Páginas: 6 (1335 palabras) Publicado: 17 de febrero de 2014
A MULLER NA ANTIGA GRECIA.

O SEU PAPEL NA SOCIEDADE:

Na Grecia clásica a muller carecía de dereitos políticos e xurídicos. Tiña un titor legal, o kyrios, normalmente o seu pai, e se este faltaba, un irmán, un avó ou ben a persoa designada ó efecto. O titor elixido era o encargado de escollerlle marido e quen decidía o seu destino. Así pois, a vida da doncela pasaba ignorante na reclusióndo xineceo. Os homes libres e os escravos eran os encargados de facer as compras na ágora.. Segundo Menandro, unha muller honesta debía quedar na casa, pois a muller na rúa non ten nada que buscar. Nin sequera o matrimonio cambiaba o estado das cousas. A doncela só pasaba do xineceo do pai ó do seu marido, e se ben neste era a dona absoluta do seu limitado círculo, para nada compartía a vidaintelectual do seu marido, quen a consideraba pouco máis ca un escravo doméstico fiel.
De calquera xeito, as atenienses pobres frecuentaban máis a rúa que as de posicións acomodadas e traballaban como vendedoras para contribuír á mantenza da familia.

Como norma prevalecía a opinión de que a muller era un ser de natureza inferior ó home. Este principio, de feito, foi repetidamente pronunciado porantigos filósofos e lexisladores. Incluso no caso da muller espartana, a quen a lei permitía plena liberdade para mostrarse en público e fortalecerse por medio do exercicio físico, non se tratou dunha idea filosófica de igualdade de sexos senón que esta liberdade fundouse no desexo de producir nenos vigorosos por medio do fortalecemento do corpo das mulleres.

Nestas condicións, a influencia damuller na cultura foi escasa, se ben, merecen mención á parte as heteras, cortesás que debido á súa beleza e cultura exercían gran influencia, incluso sobre os homes das máis altas esferas; sirva como exemplo o caso de Aspasia, quen converteu a súa casa en lugar de cita de filósofos e escritores e da que Pericles se namorou apaixonadamente. No trato da sociedade, as heteras eran superiores ásmulleres castas debido á súa relación libre cos homes, xa que estas non fuxían da luz do sol, nin estaban castigadas pola lei. Só as casas dos homes casados estaban pechadas para elas.

TAREFAS FEMININAS:

A ocupación principal das mulleres, ademais de preparar as comidas, consistía en fiar e tecer. A arte antiga tratou frecuentemente destas ocupacións domésticas. Consérvanse moitos retratos dedoncelas fiando, pintadas en xarróns. Do mesmo xeito, a habilidade das mulleres gregas no bordado está suficientemente demostrada nos debuxos e bordos dos vestidos gregos dos que temos abundantes exemplos nas pinturas de vaixelas.

No referente á preparación das comidas, sabemos que a parte máis dura desta obriga, como moer nos muíños de man, a realizaban as criadas. Cocer e torrar carnesobre o asador estaba entre as obrigas dos escravos, numerosos en cada casa, incluso nas de riqueza modesta.


O ASEO CORPORAL E A MODA NO VESTIR:

Na época de Pericles as mulleres utilizaban peiteados complicados. As mulleres libres cortaban o cabelo en sinal de loito. As solteiras adoitaban poñerse unhas cintas para suxeitar o seu cabelo no alto da cabeza. As korai da Acrópolis levan longastrenzas que caen sobre a espalda e o peito. As mulleres escravas levaban os cabelos cortos.

Tense atopado na ágora de Atenas peites de madera de oliveira, pero tamén os había de óso, marfil, cuncha e bronce. Era normal o uso de tintes para o pelo, sobre todo, para lograr matices loiros. Non era raro o uso de trenzas e perrucas postizas. Para se depilar as mulleres empregaban a chama dunhalámpada, pastas especiais e navallas. Tamén usaban cremas de beleza, perfumes e afeites para obteren unha tez branca ou rosácea. As cortesás, ademais, sombreaban os ollos e as cellas con trazos negros ou castaños.

A vestimenta feminina diferenciábase da masculina tanto na súa colocación como no colorido. O peplos, vestido da maioría das mulleres, era un velo moi longo que cubría totalmente o corpo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • La Situacion De La Mujer En Grecia Antigua
  • La mujer en la Grecia antigua
  • La Mujer En La Antigua Grecia
  • Ideas "La Mujer En La Grecia Antigua".
  • EL PAPEL DE LA MUJER EN LA GRECIA ANTIGUA
  • La mujer en la antigua grecia
  • La mujer en la antigua grecia
  • La mujer en la antigua Grecia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS