Marcial Valladares N ez

Páginas: 5 (1011 palabras) Publicado: 2 de agosto de 2015




Traballo Práctico de Lingua Galega
Marcial Valladares Núñez
Juan Bautista Raggio González









Marcial Valladares Núñez
Biografía
Marcial Valladares inaugurou a novela contemporánea nas letras galegas coa súa obra Maxina ou a filla espúrea, ademais de cultivar as facetas de lexicógrafo, poeta e gramático.
Naceu na Estrada o 10 de xuño de 1821. Formado en gramática latina e en filosofía,e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1844), exerceu durante un breve período de tempo como xefe superior de Administración Civil ata 1866, ano en que decidiu retirarse á casa familiar para consagrarse ás letras ata o momento da súa morte, que tivo lugar o 20 de maio de 1903, na súa vila natal.
Ao longo da súa traxectoria, Valladares colaborou en numerosaspublicacións, como narrador, lexicógrafo, poeta ou gramático, entre as que destacan La Exposición Compostelana, El Eco de Galicia (A Habana), Galicia Humorística (Santiago), Galicia (A Coruña), La Revista Popular, A Monteira, O Tío Marcos da Portela ou La Ilustración Gallega y Asturiana.
Tamén contribuíu á elaboración do Diccionario geográfico-histórico-estadístico de España y sus posesiones de Ultramar(1845-1850), de Pascual Madoz, en concreto no referente a datos da provincia de Pontevedra; e na composición da Colección de enigmas y adivinanzas (1883), de Machado Álvarez. Formou parte do xurado dos primeiros Xogos Florais de Pontevedra, foi socio de mérito de El Folclore Gallego e membro da Real Academia Española.
No ámbito etnográfico, desenvolveu un importante labor de compilación recollendomostras do noso folclore, receitas ou contos populares en vías de esquecemento, que reproduciu nos volumes Cantigueiro popular (1867, pero inédito ata 1970) e Novo apéndice ó Cantigueiro popular. No que respecta á súa poesía, escribiu arredor de 40 composicións costumistas e sentimentais que viron a luz a través das diferentes publicacións da época. O seu poema máis divulgado, "A castañeira deSantiago", foi editado por Antonio de la Iglesia en El Idioma Gallego, mentres que no Álbum de la Caridad apareceron "A miña aldea" e "A Fonte do Pico Sagro". Valladares deixounos, ademais, dúas obras representativas do seu labor como gramático e lexicógrafo. É o caso de Elementos de gramática gallega (1892, aínda que inédito ata 1970) e do Diccionario gallego-castellano (1884), o seu traballo de maiortranscendencia e o dicionario máis importante do século XIX, ora polo número de vocábulos recollidos (arredor de 11.000), ora polo seu rigor e precisión.
Valladares escribiu en castelán as novelas curtas Asela e Los tres expósitos, mais foi Maxina ou a filla espúrea a obra que lle deparou un maior recoñecemento. Publicada en 16 entregas en La Ilustración Gallega y Asturiana en 1880, constitúe oprimeiro exemplo de novela galega moderna. Nela mestúranse xéneros e estilos, incorporando elementos de carácter romántico e costumista que desenvolven o tema inicial da novela.
Maxina ou a filla espúrea
Maxina ou a filla espúrea é unha novela de Marcial Valladares. Escrita en 1870, en pleno Rexurdimento, está considerada a primeira novela en lingua galega.
Trama
Otilia é unha moza compostelá dedezaseis anos, dunha familia burguesa. Nun baile de máscaras é violada, e ao cabo dá a luz a unha nena, Maxina. A crianza é levada á inclusa, e despois é criada por dous aldeáns, Inés e Caitán, que xa teñen outro rapaz, Ermelio.
Ao quedaren orfos os meniños póñense a traballar na casa doutros labregos, pero son sacados polo padriño de Ermelio, o señorito Salvio, e mais polo marqués de Tria-Castela,que ao cabo, nunha anagnórise, resulta ser o avó biolóxico de Maxina, pois fora o seu fillo o que violara a Otilia.
Os irmáns marchan estudar a Madrid, e ao cumpriren dezaoito anos casan e reciben a herdanza dos seus protectores. Por outra banda, Otilia, que ía casar con Salvio, tolea.
Narración
A obra, narrada en terceira persoa, está estruturada en 17 capítulos, que responden a cambios no...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • marcial valladares
  • Baltazar Lantar n N ez
  • Reducci N De La Mortalidad En La Ni Ez
  • Bory N ez Actv
  • Agust N Y Ez Delgadillo
  • Biograf a de Rafael N ez
  • Urbano Joaqu N N Ez
  • N ez diccionario

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS