merlín e familia

Páginas: 9 (2187 palabras) Publicado: 31 de enero de 2014
MERLÍN E FAMILIA, é un libro de memorias. O narrador é Felipe de Amancia, que foi paxe de Merlín, cando este mago e dona Ginebra, vivían no Pazo de Miranda. Felipe conta os sucesos que presenciou de neno, servindo a don Merlín. A súa perspectiva é, en parte, a do rapaz que viviu aqueles dias, e de aquí o tono de inxenuidade que caracteriza ó relato. Diriamos que é a narración realista dunsfeitos fantásticos, se non fora porque se fai evidente que a perspectiva do narrador contén soterraños elementos que a deforman a fin de conquerir diversos efectos. A obra distribúese nunha sucesión de capítulos de historias que van precedidas dunha introducción dividida en tres apartados:
A) Un prelo do narrador, o vello Felipe de Amancia
B) "A selva de Esmalla", descripción do escenario no quese move Merlín.
C) "A casa de Merlín", censo da familia do mago. Seguen as historias cáseque invariablemente formadas por tres partes:
Visita-Problema-Solución. Alguén chega a Miranda para consultárlle algunha cousa ó mago. Exponse o problema que trae ese alguén, o que supón un retroceso no tempo e o relato da Historia. Merlín, resolve o problema plantexado. A metade do libro nun capítulo "Ashistorias do Algaribo", que se pode considerar un intermediario e que non se axusta ó esquema proposto. Hai un visitante pero non ven facer unha consulta senón a vender líbros. Este visitante conta tres contos. O epílogo final en que se resolve o problema, é sustituido por unha simple despedida.
En "O viaxe a Pacios", hai unha pequena variedade, pois é Merlín o que sai da súa casa para ir visitarun enfermo. Lirismo e humor son as notas máis caractensticas do estilo de Cunqueiro. Combina o arte de contar do paisano galego con técnicas de novelística tradicional europea.
"A selva de Esmelle" Descripción desa selva, que é o lugar onde se atopa Miranda, a pousada do mago Merlín.
"A casa de Merlín". Descripción dos personaxes: Merlín, Ginebra e os criados.
"Os quitasoles i oquitatrevas". Catro viaxeiros chegan xunto a Merlín con encargo de arranxar tres quitasoles máxicos para un bispo de Paris.
"O camiño de quita e pon". Un emperador bizantino cerca unha cidade. Os sitiados mándanlle unha muller para que os entreteña. Un paxe do rei vai xunto Merlín para que lle dea un camiño máxico por onde conduci-Io exército bizantino e salvalo.
"A princesiña que quena casar".
"Ashistorias do Algaribo": un árabe, vendedor de libros, entra na casa de Merlín e alí conta tres contos: "A bañeira i o demo", "O heredeiro da China" e "O lobo que se aforcou".
"O reló de area". A casa de Merlín chega un home, don Felices, para que lle arranxe un reló de area. Don Felices votalle as cartas ó Felipe e dille que terá un fillo. Todo se cumple.
"A soldadura da princesiña de prata". Omestre Flute, un inglés, chega á casade Merlín. para pedirlle que recompoña os anacos dunha muller e darlle vida deste xeito. Merlín, por unha vez, recoñece que non é capaz de facelo.
"O espello do mouro". Un mouro chega xunto a Merlín para pedirlle un remedio contra a toleria que sofre un príncipe. Outra historia paralela é a dun espello máxico que ten o mouro e que adiviña o futuro. Merlín,rompe o espello. Hai aquí alusións os personaxes de Shakespeare: Hamlet e Ofelia.

"A trabe de ouro". O Felipe éencargado de traer, mediante a maxia, a un fato de ananos ó Pazo de Miranda.
"A sirea grega". O pazo de Miranda, chega unha sirea grega que pede a Merlín un tinte negro para a súa cola gris, pois morreu o seu home. A sirea causa un gran efecto en Felipe.
"O viaxe a Pacios". Merlín eFelipe, viaxan a Pacios a visitar a un suizo amigo do mago. Iste home é tratante de bolas de neve. Cae enfermo e é curado por Merlín.
"Aquel camiño era un vello mendigo". O Felipe vai a pousada de Temar e dende alí relata as historias que se conta, van na pousada:
1) "O enano grego". Iste home conta a historia de tódolos ananos e como recorreu Europa perseguindo a unha ratiña branca da súa ama....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • merlin e familia
  • Merlin e familia
  • Merlin e familia
  • merlin e familia
  • Vovabulario Merlin E Familia
  • Merlin
  • el merlin
  • en los bosques de merlin

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS