ostias

Páginas: 14 (3413 palabras) Publicado: 25 de noviembre de 2014
A Santa Compaña (Procesión dos Mortos) no mundo atlántico: Galicia e Reino Unido

A súa orixe:

2. As crenzas galegas sobre as almas que deambulan polo mundo antes da súa entrada definitiva no Máis Alá, ou que aparecen nas encrucilladas dos camiños marchando en procesións fantasmais, posúen grandes semellanzas cos relatos bretóns, irlandeses e escoceses. Dentro desas crenzas, este traballocentrarase na figura da Santa Compaña. Definida en síntese, a Compaña é unha procesión nocturna de almas ou defuntos que portan luminosas luces, como fachos ou velas, e que carrexan o féretro dun veciño cuxa próxima morte anuncian desta forma.
Aínda que varios autores asignan unha orixe cristiá e medieval á Compaña, Alonso Romero traza claramente nun detallado estudo as raíces desta crenza á moianterior civilización céltica (1996, pp. 147-167). No seu libro El mundo de los muertos en Galicia y en el folklore del occidente europeo, relaciona a orixe da Santa Compaña co mundo atlántico céltico e ca mitoloxía xermana.
3. Os territorios das costas atlánticas europeas suscitaron desde sempre o interese de diversos pobos por chegar ata os seus límites. O encanto que suscitaban eses lugaresignotos cara o cal vían o Sol desprazarse, fixo que en varios termos do occidente europeo se situase o mundo do Máis Alá sobre todo nas illas, é dicir, nos lugares máis afastados do Continente, ás que na antigüidade soamente se podía acceder navegando, e ás veces con grandes dificultades. Por iso, aquelas nas que era perigoso desembarcar, ou que posuían características xeográficas particulares,deron lugar a que a imaxinación humana crease en torno a elas diversos relatos mitolóxicos, crenzas e lendas; algunhas das cales chegaron ata os nosos días conservadas na tradición oral ou nas descricións dos antigos historiadores gregos e romanos1.
Na Idade Media os monxes irlandeses recolleron algunhas desas crenzas sobre as illas nas que os autores da Antigüidade clásica situaban territoriosparadisíacos. Nelas menciónase o mito dunha illa do Máis Alá no extremo occidental do mundo. En realidade, esas descricións adecuábanse perfectamente ás crenzas célticas que tamén imaxinaban que o mundo dos mortos estaba nunha illa do Atlántico.

4. A Casa de Donn, o Deus Celta dos mortos:

Nun dos numerosos relatos que se atopan na literatura irlandesa fálase de Donn, o deus dos mortos, queten a súa morada nunha illa que se coñece co nome da “Casa de Donn”. O deus celta Donn, é dicir, “o Escuro”, aparece nese libro como un dos compoñentes da tribo dos milesios que chegou ata Irlanda procedente do noroeste de España. Donn pereceu afogado ao chegar á costa sur de Irlanda, nun illote cerca de Dursey Island, no occidente da península de Beare (condado de Cork), e alí enterrárono os seuscompañeiros. A partir diso, converteuse no deus dos mortos, establecendo a súa morada de ultratumba nese mesmo illote. Os irlandeses coñéceno polo nome de Tech Duinn, é dicir, a “Casa de Donn”, e localízano precisamente nese punto da costa suroeste de Irlanda2. O feito de que a crenza na illa de Donn pervivise en Irlanda en diferentes localidades, deu lugar á difusión de varias descriciónspopulares sobre as procesións dos mortos; como a que relataban os pescadores do condado de Kerry no século pasado, que dicía que nas noites de lúa chea podíase ver ás almas dos mortos camiñando en dirección á “Casa de Donn”, que supoñían que estaba nun illote de Skellig, en fronte á costa de Munster (Suroeste de Irlanda); dicían incluso que recoñecían aos defuntos polas súas voces3.

5. En Gales, aoigual que Irlanda, atopamos tamén esta vella crenza na illa do Máis Alá, pois no século XIX os habitantes de Milford Haven (no suroeste de Gales) aínda crían na existencia dunhas illas marabillosas que se atopaban nalgún lugar entre esa localidade e a costa oriental irlandesa. Dicían que ás veces, víanse durante breves instantes, pero despois desaparecían rapidamente como se se tratase dun...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • ostia
  • Ostia
  • ostia
  • es la ostia
  • La Ostia
  • cago en las ostias
  • OSTIAN QUE JOADN
  • ostia tio

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS