primeiros auxilios

Páginas: 15 (3664 palabras) Publicado: 13 de enero de 2014
soporte vital básico
J. M. Castro Paredes, S. Somoza Varela, A. Casal Sánchez,
J. M. Rodríguez Caldeiro e F. Rodríguez Domínguez

1. INTRODUCIÓN E CONCEPTO

Diariamente prodúcense situacións que poden poñer en perigo a vida de persoas:
ataques cardíacos, atragoamentos, caídas, sobredoses, accidentes, incendios, afogamentos, etc. Se non se actúa coa debida serenidade e rapidez, estassituacións
poden acabar coa vida ou provocar unha penosa invalidez.
A mellor maneira de evitar que se produzan é previr os factores de risco, pero
se, a pesar de todo, se produce a emerxencia, debe saber recoñecerse a situación o antes posible e iniciar o seu tratamento coa maior rapidez, pois a maior
precocidade de actuación, mellores posibilidades de recuperación sen secuelas.

DEFINICIÓNSDenominamos CADEA DE SUPERVIVENCIA a unha sucesión de circunstancias
favorables que, de se producir, fan máis probable que unha persoa sobreviva a
unha situación de emerxencia médica, e que inclúen a detección precoz da situación e o inicio precoz dos tratamentos básicos e avanzados.
Ao igual que os elos dunha cadea, cada unha destas circunstancias favorables
ocupa un determinado lugar nasecuencia, podendo incluso perder o seu valor
se se produce de maneira non relacionada co resto dos ditos elos.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

33

Fig. 1 - Cadea de supervivencia
Por SOPORTE VITAL BÁSICO (SVB) entendemos un conxunto de actuacións que
inclúen o coñecemento do sistema de resposta ante unha emerxencia médica,
así como as accións iniciais a realizar antesituacións como a inconsciencia, recuperada ou persistente, o traumatismo grave, a parada respiratoria illada ou a
parada cardiorrespiratoria.
Os elos da cadea de supervivencia son:
1. ACCESO PRECOZ.
2. RCP PRECOZ.
3. DESFIBRILACIÓN PRECOZ.
4. SOPORTE VITAL AVANZADO PRECOZ.
O SVB engloba os 3 primeros elos da cadea de supervivencia:
- ACCESO PRECOZ: detección precoz da situación e peticiónde
axuda, chamando o 061.
- INICIO PRECOZ DO TRATAMENTO BÁSICO: coas técnicas de
Resucitación Cardiopulmonar Básica (RCPB).
- DESFIBRILACIÓN PRECOZ: cun desfibrilador semiautomático.

34

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

2. SECUENCIA DE SVB

O SVB ten como obxectivo a osixenación de emerxencia, mediante o mantemento dunha vía aérea permeable e dunha ventilacióne circulación eficaces,
realizando esto sen máis equipo que os denominados como “dispositivos de
barreira” (aqueles accesorios utilizados para evitar o contacto directo boca a
boca ou boca a nariz entre o reanimador e a vítima).
O SVB engloba o coñecemento das situación de urxencia médica máis frecuentes e a súa identificación mediante a observación detallada e a comprobación da
existencia dealteracións no nivel de conciencia e nas funcións ventilatoria e circulatoria.
A continuación explícase a secuencia de accións para o soporte vital básico de
adultos:
1. GARANTIR A SEGURIDADE DA VÍTIMA, DO RESCATADOR E DAS
TESTEMUÑAS.
2. VALORAR SE A VÍTIMA RESPONDE OU NON.

Fig. 2 - Comprobación do nivel de conciencia e ventilación espontánea
❚ Para comprobar se existen alteracións donivel de conciencia, sacudirase con enerxía o ombro do paciente mentres se insiste en voz alta
en preguntarlle: “¿Atópase ben?”
3.A. SE A VÍTIMA RESPONDE,
❚ déixeo na posición na que se atopa.
❚ intente averiguar que lle ocorre e busque axuda se a necesita.
❚ reavalíeo regularmente.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

35

3. B. SE a vítima NON RESPONDE,
❚ gritepedindo axuda SEN ABANDONAR ao paciente.
❚ coloque a vítima tumbada cara a riba.
❚ abra a vía aérea utilizando a manobra fronte-queixo: coloque a man
na fronte, estenda a cabeza cara a atrás, mantendo o polgar e o índice libres para tapar o nariz por se fose necesaria a ventilación de rescate. Coa punta dos dedos da outra man eleve o queixo para abrir a
vía aérea. Se hai sospeita de lesión...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Primeiro
  • auxiliar
  • Auxiliar
  • auxiliar
  • Auxilios
  • Auxiliar
  • auxiliar
  • Auxiliar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS