Ruth Matilda Anderson

Páginas: 8 (1994 palabras) Publicado: 21 de marzo de 2014

Ruth Matilda Anderson.

VIDA:
Ruth Matilda Anderson destacou por ser unha fotógrafa documental e etnográfica, estudosa das tradicións populares conservadora e experta no traxe típico español. O resumo da súa vida nestas páxinas está centrado nas viaxes que realizou a Galicia enviada pola Hispanic Society of America.

Ruth Matilda Anderson, naceu o 8 de setembro de 1893, na cidade deKearney, condado de Búfalo no estado de Nebraska, o coñecido como “salvaxe” oeste americano, onde se estableceron a maioría de emigrantes procedentes de Francia, Europa do Este, Noruega e de Suecia, de onde eran os antepasados de R. A. Anderson.

Os seus pais Alfred Theodore Anderson, fotógrafo de profesión e a súa nai Alma Matilda Wickstrom tiñan un estudo fotográfico como única fonte deingresos no que axudaban, ademais de Ruth as outras dúas fillas Miriam e Theodora.

Durante os anos 1911 e 1912 Ruth Matilda Anderson estudou arte na Universidade de Nebraska e no ano 1915 volveu a Kearney onde conseguíu o certificado do Colexio para Profesores que a cualificou para ensinar arte e música nas escolas públicas.

Pasados dous anos, no 1918, marchou a estudar en Nova York, nunha dasescolas de fotografía máis importante, a Clarence White School of Photography, onde Anderson recibiu clases de do propio Clarence H. White e de Paul Anderson, entre outros, e tomou contacto con artistas da talla de Max Weber e Edward Steichen. Graduouse no ano 1919 e traballou durante un tempo como diseñadora de interiores.

En 1921 comezou a traballar contratada como fotógrafa na HispanicSociety of America, en Nova York (centro dedicado a documentar o mundo hispano creado no ano 1904 polo filántropo americano Archer Milton Huntington), recomendada polo propio Clarence H. White. No ano 1922 nomeáronma conservadora da Fotografía, posto que ocupou ata 1924. Durante os anos que coinciden coas súas múltiples expedicións entre 1924 e 1954, adxudicáronlle tamén o cargo de “PersoalInvestigador” e no ano 1954 ocupou o cargo de conservadora de traxes na que era unha auténtica experta.

O interese por incrementar e sistematizar a información sobre os costumes e as xentes de España, levaron á dirección da Hispanic Society a suscitar un traballo específico, integrado dentro da colección “Peninsular Series” da súa liña editorial e o encargo recaeu en Ruth M. Anderson.

Ruth A.anderson fixo cinco viaxes importantes a España durante a década dos anos vinte por encargo da Hispanic Society of América:

1923: A súa primeira viaxe, cun grupo de colaboradoras que lle serviu de iniciación, experiencia e aprendizaxe.
1924-1925: Visita Galicia e Asturias acompañada do seu pai Alfred T. Anderson.
1926-1927: Visita Galicia, León e Extremadura.
1929-1930: Visita ademais deEspaña, Portugal e Marrocos.
1948-1949: Visita ademais de España, Portugal e Brasil.

Meses antes de cada viaxe comezaba a revisar o material necesario na biblioteca da Sociedade co obxectivo de trazar itinerarios a seguir; coñecer a flora e a fauna; estudar xeograficamente cada provincia, as súas comarcas e límites. Buscou datos das industrias tradicionais, as costumes típicas, as celebracións efestividades relixiosas ou civís máis importantes. Leu sobre a historia, a arquitectura, as obras de arte e a literatura de cada lugar. De feito o traballo de campo que Ruth A. Anderson fixo en Galicia e que incorporou aos fondos da Sociedade dificilmente se podería conseguir de outra forma.

Desenvolveu esquemas de investigación onde compilaba os obxectivos do seu traballo e a fórmula a seguirpara levalos adiante. Como indica Noemí Espinosa Fernández na súa tese doutoral sobre Ruth M. Anderson: “Os temas non variaban, tratábanse normalmente de cinco apartados que ían do xeral ó particular, enfatizando na busca das peculiaridades de cada lugar. A cidade dividíaa en seis puntos, comezaba cunha introdución histórica que definía o lugar e ós seus habitantes. As visitas xerais do lugar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ruth M. Anderson
  • Ruth
  • ruth
  • Ruth
  • Ruth
  • Anderson
  • ruth
  • anderson

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS