Sabela II

Páginas: 6 (1462 palabras) Publicado: 3 de noviembre de 2014
Sabela II
O seguinte documento permítennos realizar unha composición de texto histórico que trate sobre o reinado de Sabela II (1833-1868).
En 1829 Fernando casa con María Cristina de Borbón, coa que ten dúas fillas isto representa un problema sucesorio xa que segundo a lei Sálica, promulgada por Filipe V, o herdeiro ao trono tiña que ser varón. Fernando, consciente do problema,abole a lei Sálica e promulga a Pragmática Sanción, coa que poderá reinar a súa filla Sabela. Este cambio non favoreceu ao seu irmán, Carlos, que se consideraba único e lexítimo herdeiro da coroa española. Este conflito polo trono xerará guerras entre dous grupos: carlistas (partidarios de Carlos) e isabelinos (partidarios de Sabela). Os primeiros eran férreos defensores do tradicionalismo moral epolítico e de foralismo (doc.1); os isabelinos tiñan unha filosofía liberal: supresión dos privilexios señoriais, ríxida separación de poderes...
Coa morte de Fernando VII en 1833 a coroa é reclamada por Mª Cristina (en representación da súa filla Sabela) e tamén por Carlos. Nese momento comezan realmente as guerras entre os carlistas e os isabelinos (con superioridade estes últimos).
Durante afase de rexencia de Mª Cristina déronse unha serie de reformas políticas liberais. En 1833 Xabier de Burgos, ministro de Fomento, realiza as divisións administrativas de España en 49 provincias, desaparecendo os antigos reinos medievais, ou as Xuntas do Reino de Galicia, entre outras. Por outra parte Mª Cristina tivo que buscar apoios para manter a súa filla no poder. Pactou cos liberais moderadosxa que era o que máis poder lle concedían ao rei (soberanía compartida) e cedeulles parcialmente o goberno en 1834. Con todo, a presión dos moderados obrigou a Mª Cristina a realizar unha nova constitución chamada: Estatuto Real, este era en forma de Carta Outorgada (estaba feita polo rei sen contar co apoio popular). O Estatuto Real era practicamente unha volta ao Antigo Réxime, xa quebeneficiaba maioritariamente a nobreza e ao clero, e non tiña separación de poderes nin recollía os dereitos dos cidadáns. 
En 1835 prodúcense numerosas revoltas (as chamadas vagas revolucionarias dos anos 30) pola subida dos consumos e fórmanse Xuntas locais ou territoriais que asumiron o goberno e restableceron a Constitución de 1812. Ante esta situación Mª Cristina vese obrigada a darlle o goberno aMendizabal (progresista) que realizará numerosas reformas: o restablecemento das Deputacións, a supresión dos conventos, redención de quintas (pagando un tributo líbraste do servizo militar e da guerra), desamortización eclesiástica... Coa expropiación das terras do clero regular, Mendizabal, pretendía recadar diñeiro para loitar contra os carlistas (a parte de debilitar aos estamento coma aoclero).
Estas reformas orixinaron unha forte desconfianza na raíña rexente. En 1836 produciranse novos levantamentos e a rexente firma a Constitución do 12. Confiou o goberno aos progresistas de maneira que estes convocaron Cortes para reformar a Constitución do 12. Estes cambios de goberno distanciaban cada vez máis aos dous grupos de liberais moderados e progresistas (antigos exaltados no trienioliberal)
A reforma da Constitución do 12 deu lugar á Constitución de 1837 baseada nos principios do liberalismo progresista: soberanía compartida, Milicia Nacional, elección popular dos concellos, Cortes bicamerais (Congreso e Senado), liberdade de imprenta...(doc.2)
A predilección polos moderados fixo que aínda que os progresistas tiveran o poder se sentiran desprazados. En 1839 co fin da 1ªGuerra carlista e a vitoria dos isabelinos a mans de Espartero, este pacta co xeneral carlista Maroto (convenio de Vergara) a súa rendición a cambio do mantemento dos privilexios forais de Navarra e País Vasco. Esta vitoria fai que Espartero acumule poder e pide a rexencia de Sabela acusando a Mª Cristina de corrupción. No 1840 Mª Cristina renuncia, comeza a rexencia de Espartero (1840-1843), quen...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • De Carlos Iv A Sabela Ii
  • Sabelo!!
  • Sabelo Que Si
  • Sabelo
  • sabelo
  • sabelo
  • Sabela
  • sabelo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS