Selectividad Galicia Historia Filosofia 2005

Páginas: 5 (1144 palabras) Publicado: 28 de mayo de 2015
42

HISTORIA DA FILOSOFÍA
Avaliación dos exercicios: análise, 4 puntos; 1ª cuestión, 3 puntos; 2ª cuestión, 3 puntos. (O alumno elixirá dúas cuestións das
tres propostas)

OPCIÓN 1
“Poño a un lado, con gran reverencia, o nome de Heráclito. Mentres que o resto do pobo dos
filósofos rexeitaba o testemuño dos sentidos porque estes amosaban pluralidae e modificación, el rexeitou o
seu testimuñoporque amosaban as cousas como si tivesen duración e unidade. Tamén Heráclito foi inxusto
cos sentidos. Estes non menten nin do xeito como cren os eleatas nin do xeito como cría el, non menten de
xeito ningún. O que nós facemos do seu testemuño, iso é o que introduce a mentira, por exemplo, a mentira
da unidade, a mentira da coseidade, da substancia, da duración... A “razón” é a causa de que nósfalseémo-lo
testemuño dos sentidos. Amosando o devir, o perecer, o cambio, os sentidos non menten... Pero Heráclito
terá eternamente razón ó dicir que o ser é unha ficción baleira. O mundo “aparente” é o único: o “mundo
verdadeiro” non é máis ca un engadido mentireiro”.
NIETZSCHE, F., O crepúsculo dos ídolos. A “razón” en Filosofía, 2.
1. Explicación e comprensión do presente texto.
2. ¿Cales son ascaracterísticas do “Nihilismo” de Nietzsche? ¿Pódese evitar-lo “Nihilismo” sen
transmuta- los valores?.
3. A partir de que o “Nihilismo” é resultado do esgotamento dos valores inadecuados y ficticios, ¿en
qué consiste o seu VITALISMO?.
4. Explica o Fenomenismo e Perspectivismo de Nietzsche. ¿En qué consiste o coñecemento
racional?.

OPCIÓN 2
“Consta, pois, que a cidade é cousa que consiste en natura,e que é primeiro que ningún de nós.
Porque se cada un vivira solitario non podería bastarse a sí mesmo; será, comparado coa cidade, da mesma
maneira que as partes co todo. Pero aquel que en ningunha cousa pode facer compañía, ou el que por ser
para sí mesmo suficiente non ten necesidade de cousa algunha, ningunha parte é da cidade, de maneira que,
ou será besta ou será Deus.
Tódolos homes, pois,teñen naturalmente este desexo de vivir en semellante comunidade. E o primeiro
que a xuntou foi autor dos maiores e mellores bens. Porque así como o home, posto na súa perfecta natureza,
é o mellor de tódolos animais, así tamén, apartado da lei e da xustiza, é o peor de todos, porque non hai causa
tan terrible coma un home inxusto, con armas e poder. Pero o home, posto en poder e señorío, modérasecoa
prudencia e a virtude, ainda que pode facer tamén un uso contrario”.
ARISTÓTELES., Política, Lib. I, cap. II.
1. Explicación e comprensión do presente texto.
2. Exposición da Teoría hilemórfica e a súa aplicación ó ser humano.
3. Orixe da sociedade e formas de gobierno, en Aristóteles.
4. ¿En qué consiste o ben e a virtude, para Aristóteles.

117

42

HISTORIA DA FILOSOFÍA
Avaliación dosexercicios: Análise, 4 puntos; 1ª cuestión, 3 puntos; 2ª cuestión, 3 puntos. (O alumno elixirá dúas cuestións das
tres propostas).

OPCIÓN 1
“Polo tanto –concluí- con traballo fixemos esta travesía, e acabamos recoñocendo de forma
convincente que na alma de cada un de nós hai as mesmas clases, e en idéntico número, que no Estado.
- Iso é.
- E é preciso que así como o Estado é sabio, tamén o sexa oindividuo, da mesma forma e pola
mesma razón que a cidade.
- Certo.
- ¿E non será polo mesmo polo que o Estado é valente, que tamén, e da mesma forma, o sexa o
individuo e que así suceda nun e noutro en todo o demáis tocante á virtude?
- Necesariamente.
- Así, Glaucón, temos que decir, me parece, que o home é xusto por idéntica razón pola que o estado
é xusto”.
PLATÓN, República, Lib. IV, cap. 16.
1.Explicación e comprensión do presente texto.
2. Doutrina platónica das Ideas, como referencia central de toda a súa filosofía.
3. Analiza que son a alma e o corpo e as relacións entre unha e outro.
4. Explicación platónica da Physis (natureza). ¿Difiere a súa explicación da explicación
aristotélica?

OPCIÓN 2
“Na parte analítica da crítica demóstrase que espacio e tempo só son formas da...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Definiciones Geografía Selectividad Galicia
  • Historia de Galicia
  • Filosofia selectividad
  • historia de galicia
  • Selectividad (historia)
  • Historias de galicia (galego)
  • Examen resuelto selectividad filosofia
  • Temas Selectos De Filosofia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS