traballo do caracol

Páginas: 5 (1222 palabras) Publicado: 28 de octubre de 2013

TRABALLO
DE
CIENCIAS DA NATUREZA


“O CARACOL”





Miriam González Folgar 1ºB




ÍNDICE

Características físicas…Páxina 1-2
Caracois terrestres….…Páxina 2
Hibernación………………Páxina 2
Reprodución…………..…Páxina 2
Esperanza de vida…..…Páxina 2
Usos culinarios……..….Páxina 3Enfermedades……….…Páxina 3
Imaxes…………………..…Páxina 4





OS CARACOIS

Características físicas

Os caracois móvense como os vermes, alternando contraccións e elongacións do seu corpo, con lentitude. Producen mucus para axudarse na locomoción reducindo a fricción e permitíndolles o desprazamento por zonas de elevada pendente debido á untuosidade deste.Esta mucosidade contribúe á súa regulación térmica; tamén reduce o risco do caracol ante as feridas e as agresións externas, principalmente bacterianas e fúngicas, e axúdaos a manterse lonxe de insectos potencialmente perigosos como as formigas. O mucus serve ademais ao caracol para desembarazarse de certas substancias como os metais pesados.

Cando se retraen na súa cuncha, segregan un tipoespecial de mucosidade para cubrir a entrada da súa cuncha cunha estrutura chamada opérculo. O opérculo dalgúns caracois ten un olor agradable cando se queima, por iso ás veces úsase como un constituínte do incenso. Este opérculo adoita ser fino nas especies terrestres e noutras como as mariñas, de baixa mineralización.

Descontando os caracois mariños, en inverno ou en estacións secas, moitasespecies terrestres ou de auga doce hibernan na súa cuncha selándose co opérculo, que lles serve de protección para a hibernación e que se destrúe na primavera ou cando o ámbito se fai máis húmido. Algunhas especies reúnense e hibernan en grupos mentres que outras se enterran antes da hibernación.
O caracol de terra máis grande é o caracol xigante africano (Achatina fulica) que pode medir ata 30cm; Pomacea maculata(familia Ampullariidae), o caracol de mazá xigante é o caracol máis grande de auga doce, cun tamaño que alcanza os 15 cm de diámetro e máis de 600 gr de peso. O máis grande de todos os caracois é o Syrinx aruanus, unha especie mariña que vive en Australia.
A cuncha do caracol é un exemplo da representación de Phi na natureza. As formas das cunchas de certos caracois de mar(Conus,Cymbiola) están constituídas pola versión biolóxica dun autómata celular.
Cando o caracol crece, tamén o fai a súa cuncha. Un caracol pechará unha sección da súa cuncha e engadirá unha nova cámara ao crecer, cada cámara será máis grande que a anterior por un factor constante. Como resultado, a cuncha formará unha espiral logarítmica. Nalgún momento, o caracol constrúe un rebordo arredor da aberturada cuncha, deixa de crecer, e comeza a reproducirse.
A cuncha do caracol e as cubertas dos ovos están formadas principalmente por carbonato de calcio como as cunchas doutros moluscos. A causa disto, requiren unha boa cantidade de calcio na súa dieta e ambiente acuoso para producir unha cuncha forte. Unha carencia de calcio, ou unha flutuación no nivel de pH no seu ámbito, probablemente fará que asúa cuncha sexa fina, se rache, ou teña buratos. Polo xeral, un caracol pode reparar o seu dano na cuncha co tempo, se as súas condicións de vida melloran, pero algunha deterioración abondo grave podería ser fatal para o caracol. Por iso os caracois desenvólvense mellor nas zonas calcarias. Onde o carbonato cálcico escasea, algunhas especies faltan e outras, as máis adaptables,tragan piedrecitas que contén calcio, roen ósos, pintura calcaria ou plantas ricas en calcio.

Caracois terrestres

Pertencentes ao grupo dos pulmonados, a súa musculosa cavidadepaleal, transformouse en pulmón. A superficie interior está ricamentevascularizada e debido a que a súa base está unida ao pé, permite a ventilación. Teñen unha cuncha globulosa helicoidal e dous pares de tentáculos retráctiles, un...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • EXTINCIÓN DO TRABALLO MANUAL
  • O último Traballo Do Señor Luna
  • caracoles
  • Los Caracoles
  • Caracoles
  • El Caracol
  • caracol
  • Caracol

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS