Vocabulario xeografía 2º Bacharelato e pregunta teórica sobre o urbanismo

Páginas: 6 (1375 palabras) Publicado: 10 de noviembre de 2013
VOCABULARIO
Área suburbana: Territorio próximo ás cidades que polas súas características constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente e o espazo rural adxacente. Historicamente aloxaba os sectores sociais máis empobrecidos.
Área metropolitana: Gran extensión urbana que rodea unha cidade importante e abarca administrativamente a varios municipios entre os que existenimportantes relacións económicas e sociais que fan necesaria a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras. En España a súa creación comezou no primeiro terzo do século XX en Madrid, Barcelona e Bilbao. Actualmente en case todas as grandes cidades están constituídas áreas metropolitanas.
Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU): É un instrumento de planeamento eordenación urbanística integral dun municipio. Proxecta o desenvolvemento urbano para un determinado número de anos: os usos do solo de cada zona, a clasificación do solo (urbano, urbanizable e non urbanizable), a edificabilidade ou densidade edificatoria, a rede viaria, os equipamentos e as medidas de protección ambiental. Trátase dun documento municipal que recolle a normativa urbanística española, aregulación en edificios e as futuras actuacións, entre outras.
Xentrificación: É un proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel económico á vez que se renova ao adquirir valor. Este proceso comeza cando un grupo de persoas dun certo nivel económico descobren un barrio que, a pesar de estardegradado e descapitalizado, ofrece unha boa relación entre a calidade e o prezo e deciden instalarse nel.
Cualificación do solo: Subdivisión da clase de solo de que se trate en zonas diferenciables para asignarlles destinos e contidos específicos. É o establecemento dos usos e da edificabilidade do solo previamente clasificado (urbano, urbanizable, non urbanizable...) nun plan urbanísticos.
UnidadeVeciñal de Absorción (UVA): Trátase dunha solución argallada durante os anos 50 e 60 do século XIX cando o masivo éxodo rural en Barcelona e Madrid favoreceu a creación de barrios e poboados chabolistas de crecemento espontáneo por toda a área suburbana das cidades. Comezouse a aplicar por aquel entón un plan de Absorción do chabolismo horizontal e construíronse barrios de baixo custe conmateriais pobres edificios de moi baixa calidade e de carácter temporal. As Unidades Veciñais de Absorción creáronse para propoñer unha solución, pero na práctica transformou o chabolismo horizontarl nun chabolismo vertical de edificios con escasos servizos.

PREGUNTA TEÓRICA
1. Urbanismo e ordenación do territorio en España e Galicia
a. Axentes sociais
b. Planeamento urbanístico

O territorio éun espazo xeográfico adscrito a un ser, unha comunidade, un ente de calquera naturaleza (física ou material). Cando se atribúe a un grupo humano complexo (un pobo, unha nación, unha sociedade) convértese nun dos integrantes fundamentais do seu proxecto común: no soporte e recurso básico, ámbito de vida, paisaxe propio e invariable na memoria persoal e colectiva. En definitiva, no espazo xeográficono que se vive e que corresponde manexar e administrar para o ben dos individuos e do conxunto da comunidade.
Cando facemos referencia á creación dun espazo urbano temos que ter en conta os diferentes axentes sociais que interveñen nel:
Por un lado, hai que ter en conta os propietarios do solo, que intentan que o crecemento urbano se dirixa cara aos seus terreos para beneficiarse darevalorización que supón a conversión e cualificación do solo.
Por outro, os promotores e as inmobiliarias tratarán de crear solo urbano e de lograr a maior edificabilidade posible. Actúan como os grandes impulsores das transformacións e buscan crear novos valores de uso coa fin de conseguir valor de cambio para ese territorio.
Tamén interveñen os empresarios industriais, que aparecen como os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Enfoques Teóricos Sobre La Problemática Urbano Popular
  • vocabulario urbanos
  • VOCABULARIO Y PREGUNTAS GUIA
  • Preguntas Claves Y Vocabularios Anatomia
  • Preguntas Clave Y Vocabulario De Anatomia
  • Marco teorico tribus urbanas
  • Preguntas Fundamentos Teoricos
  • Preguntas Teoricas de Hormigon Armado

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS