Xenetica

Páginas: 10 (2326 palabras) Publicado: 6 de diciembre de 2012
IES de Monterroso/ IES Río Miño

CMC Curso 2012/13

Unidade 2.“A REVOLUCIÓN XENÉTICA ” A finais do século XIX, descubriuse que dentro do núcleo das células había unhas estruturas semellantes a bastóns ás que denominaron cromosomas. A especie humana ten 46 cromosomas en cada unha das súas células, excepto nas células sexuais, óvulos e espermatozoides, que teñen a metade, 23. Posteriormentedescubriuse que cada cromosoma posúe miles de xenes, ou sexa, unidades de información xenética que especifican caracteres. O material xenético que forma cromosomas e, polo tanto, os xenes, está formado por unha molécula moi especial, o ADN (Ácido desoxirribonucleico). O ADN prégase e enrolase formando os cromosomas. Estes atópanse no núcleo da célula. A estrutura desta molécula foi o maiordescubrimento do século pasado. En 1953, Watson e Crick propuxeron que a molécula de ADN estaba formada por dúas cadeas que se enrolan formando unha espiral. A información xenética está codificada en catro letras: A, C, G, T. Un xene pode ter miles destas letras e a súa secuencia é a que determina a información que contén. O máis interesante é que estas letras son complementarias, o que fai que as dúascadeas que forman o ADN tamén sexan complementarias: a A de unha cadea asóciase sempre á T da outra e a C dunha cadea á G da outra, e viceversa. A complementariedade é moi importante porque é o que asegura que se replique o ADN facendo copias iguais e porque en boa medida a tecnoloxía da enxeñería xenética baséase nesta propiedade. Denomínase xenoma ao conxunto de xenes dun organismo,que contén toda ainformación para a constitución e funcionamento do individuo. Constrúe unha molécula de ADN no seguinte link: http://learn.genetics.utah.edu/es/units/basics/builddna/

1

IES de Monterroso/ IES Río Miño

CMC Curso 2012/13

As dúas cadeas que forman unha molécula de ADN pódense separar no laboratorio (desnaturalización), aplicando un pouco de calor. Se se volve a baixar a temperaturarecomponse a molécula completa asociándose as cadeas grazas á complementariedade das letras. Esta propiedade pódese utilizar para rastrexar a semellanza xenética de dous ADN. Se a porcentaxe de hibridación é moi alta trátase de dous ADN moi emparentados, pola contra, se é moi baixa, ambos os ADN están moi distanciados. Entre os máis de 3000 millóns de pares de bases do noso ADN existen grupos dunspoucos pares de bases que se repiten dende 2 a 100 veces, e o número de repeticións é moi variable entre as persoas. Cando se corta o ADN con enzimas de restrición que recoñecen os extremos dalgún destes grupos de bases repetidas, a lonxitude da secuencia é sempre a mesma para a mesma persoa, pero non é doado que apareza o mesmo número de repeticións en persoas que non teñen ningunha relaciónfamiliar. Se se analizan varias destas secuencias a probabilidade de que todas sexan idénticas en dúas persoas, sen seren xemelgos idénticos, é inexistente. Para poder visualizar estes fragmentos,hai que separalos mediante unha técnica denominada electroforese, que se basea en que a molécula de ADN posúe carga negativa e se pode desprazar nun campo eléctrico. Ademais si se forza a atravesar un soporterelativamente denso, os fragmentos curtos desprázanse máis rapidamente ca os longos. Como soporte empregase un xel consistente onde se escavan cuncas onde se coloca a mestura de ADN. Cando se establece unha corrente eléctrica,os fragmentos móvense a través do xel e sepáranse por tamaño. Posteriormente utilízase unha técnica para resaltar o ADN e obtense un patrón de bandas característico de cadapersoa, a pegada que nos identifica. Esta técnica da pegada xenética emprégase para resolver casos de parentesco entre pais e fillos, ou para resolver casos de asasinatos ou violacións. Tamén se emprega para rastrexar a orixe e evolución de grupos humanos e para pescudar a semellanza evolutiva de diferentes especies. Os últimos avances en bioloxía molecular, especialmente en xenética e xenómica,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Boletin Xenetica Molecular E Mutacions
  • Diagnostico xenetico preimplantacional
  • Biodiversidade Xenetica
  • TERAPIA XENÉTICA NA CURA CONTRA O CANCRO

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS