A Asasina

Páginas: 135 (33505 palabras) Publicado: 18 de marzo de 2014
A asasina

Colección XX

Título orixinal: X XXXXXX

Tradución: Susana Losada Soto e Margarita Olivar Roldán
Corrección: Alejandro Tobar Salazar
Deseño e maquetación: Karen Guldhammer Skov

Editorial Hugin e Munin
Rúa das Hortas, 66, baixo
15705 Santiago de Compostela
Galicia
www.huginemunin.com

Impresión e encadernación: Sacauntos Cooperativa Gráfica
Depósito legal: CXXXX-2013
ISBN: 978-84-939647-X-X

Esta obra está publicada baixo unha licenza Creative Commons de
Recoñecemento-Non-Comercial-Obras-Non-Derivadas 3.0 ou superior, o
cal implica que calquera é libre de copiar e distribuír os contidos sempre
que cite as fontes, non haxa ánimo de lucro nin obras derivadas.

Alexandros Papadiamandis

A asasina
Traducido por
Susana Losada Soto e Margarita OlivarRoldán

Hugin e Munin

1

Medio recostada cerca do fogar, cos ollos pechados, a
cabeza apoiada no bordo da lareira, a tía Khadula1 ,
a coñecida por todos como Fránguisa2 a de Ianis, non
durmía senón que sacrificaba o sono a carón do berce da
súa neta enferma. A parturiente, a nai da criatura doente,
adormecera pouco antes no seu mísero xergón.
O pequeno candil tremía pendurado dacambota. Daba máis sombra ca luz sobre os escasos e ruíns mobles,
que semellaban máis limpos e dignos durante a noite. Tres
pitelos medio queimados e unha acha grande de pé no lume
botaban moita cinza, pouca brasa e rara vez tremelicaba
algunha lapa, facendo que a vella recordase no medio do
seu sono a súa filla pequena ausente, Krinió, que, de atoparse no cuarto, murmuraría con ton falangueiroaquilo de
«Se é amigo, que lle vaia ben; se é inimigo, que rebente».
Khadula, a chamada Fránguisa ou tamén Frangoianú,
era unha muller duns sesenta anos, ben feita, de trazos
fortes, de carácter masculino, cuns pelos nos extremos por
riba dos beizos. Nas súas matinacións, recapitulando toda
a súa vida, vía que non fixera nada máis que servir os
demais. Cando era nena servira para os seus pais,cando
1 N. das T. Emprégase a grafía kh para reflectir o son aspirado fricativo
velar da lingua grega, equivalente á gheada galega.
2 N. das T. A protagonista é chamada na obra polo seu nome de pía,
Khadula, e por distintas formas tomadas do nome e o apelido do seu
home, Ianis Frangos: Fránguisa, Frangoianis, Frangoianú, Ianú.

7

casara convertérase na escrava do seu home, aínda quepolo seu carácter e pola debilidade daquel foi ao mesmo
tempo tamén a súa guía. Cando pariu fillos, converteuse
na súa criada; cando os fillos pariron fillos, converteuse de
novo na serva dos netos.
A pequena nacera había dúas semanas. A nai tivera
un parto difícil. Era a que durmía na cama, a primoxénita de Frangoianis, Delkharó a de Trakhilis. Apuráranse a bautizala o décimo día porque estabamoi doente;
tiña unha tose moi fea, quizais tose ferina, acompañada
de síntomas case espasmódicos. En canto a bautizaron, a
criatura pareceu mellorar algo; a primeira noite a tose recuou. Durante moitas noites Frangoianis non pegara ollo
nin pechara as pálpebras velando a carón daquel pequeno
ser, que non podía imaxinar canto traballo lles causaba
aos demais e cantos padecementos ía sufrir eltamén se
sobrevivía. E non podía nin sospeitar a pregunta que só a
súa avoa se facía: «Meu Deus, por que tivo que vir tamén
ela ao mundo?»
A vella arrolábaa e sería quen de facer cancións dos seus
sufrimentos sobre o berce da meniña. De feito, nas noites
anteriores, «delirara» evocando todas as súas amarguras
con teimosía. En imaxes, en escenas e en visións rememorara toda a súa vida,inútil, va e dura.
O seu pai era aforrador, traballador e prudente. A súa
nai era mala, malfalada e envexosa.
Era unha das bruxas do seu tempo. Sabía de meigallos.
Perseguírana dúas ou tres veces os bandoleiros, os mozos
bravos de Karatasos e Gatsos3 e doutros xefes guerrilleiros
de Macedonia. Fixeran isto para para se vingaren porque
lles botara mal de ollo e non lles ía ben o choio. En tres...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS